Ciclos

Visita ao Porto e Viveiro de mariscos de Vigo

O pasado venres 16 de decembro, o alumnado de 1º curso do Ciclo Superior De Comercio Internacional realizou unha visita ao Porto e ao vivieiro de mariscos de Vigo grazas á colaboracion de FUNDAMAR (Fundación para a Pesca e o Marisqueo). Dende o IES A Guía queremos agraceder a colaboración para facer posible esta visita.

marisco

marisco2

Visita á adega Martín Codax

O pasado 14 de decembro, o alumnado do  1º curso do Ciclo Superior de Xestión de Vendas e Espazos Comerciais na modalidade Dual e o do Ciclo Superior de Transporte e Loxística, visitaron as instalacións da adega Martín Codax en Cambados para coñecer o proceso de elaboración e comercialización dos viños albariños, emblema dos viños galegos. Dende o IES A Guía queremos agradecer aos responsables da adega o tempo que nos adicaron así como as excelentes explicacións recibidas que enriquecen a formación do noso alumnado.

martincodax

martincodax3

Visita ao Mercado de Teis do alumnado de 1º e 2º de COPAL

O pasado día 13 de decembro, o alumnado de 1º e 2º de Comercialización de produto alimentario, realizou unha visita ao mercado de Teis. Nesta saída coñeceron de primeira man a historia do mercado, as condicións para instalar un negocio no mesmo, así como as futuras reformas que acometerán para o ano na que teñen como obxectivo a modernización e dixitalización do mesmo. Ademáis coñecimos polo miúdo o traballo de distintos negocios como peixerías e carnicerías. Dende o IES A Guía queremos darlle as grazas a todo o persoal do mercado así como ao seu xerente por amosarnos con detalle as instalacións.

teiscopal

teiscopal2

Visita a COFANO

Este mércores 14 de decembro, o alumnado dos ciclos de grao superior de Xestión de vendas e Espazos Comerciais e Comercio Internacional visitaron as instalacións da distribuidora farmacéutica Cofano. Acompañados das profesoras Lina Arias e Noela Martínez poideron ver de primeira man os contidos desenvolvidos no módulo de Loxística de almacenamento. Dende o IES A Guía queremos darlle as grazas a todo o persoal de Cofano, por amosarnos con detalle as instalacións e todo o sistema de almacenaxe da empresa!

cofano

cofano2

Logo_plan_dixital

 

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer