Ciclos

Innovación no deporte: Handy Gym

O mércores 2 de novembro, o alumnado do 2º curso do CS de Acondicionamento Físico asisitiu á actividade "Handy Gym", un xeito diferente de facer deporte, organizada polo Departamento de FOL (Formación e Orientación Laboral).

Taller de primeiros auxilios a cargo da Asociación VODEA

Este mércores 9 de novembro, o Departamento de FOL (Formación e Orientación Laboral) organizou grazas á colaboración da Asociación VODEA un taller de primeiros auxilios. Nesta formación participou o alumnado dos ciclos formativos de:

- Comercialización de Productos Alimentarios,

- Actividades Comerciais,

- Xestión de Vendas e Espazos Comerciais e

-Comercio Internacional.

Dende o IES A Guía, queremos agradecer á Asociación VODEA a súa participación desinteresada nesta actividade. Grazas!

vodea1

Visita ao Mercado de Teis

Este mércores 9 de novembro, o alumnado de 2º de FP Básica de Servizos Comerciais visitaron o Mercado de Teis, onde puideron coñecer de primeira man as bases do comercio local. Dende o IES A Guía queremos agradecer a acollida e facer posible esta visita, especialmente dende o departamento de Comercio e Márketing organizador da visita. Grazas!

teis1

teis2

Visita ao Centro Comercial "El Corte Inglés"

Este luns 7 de novembro, o alumnado de 1º de Xestión de Vendas e Espazos Comerciais foi recibido por Lourdes Pedrido, Meritxell Ortega, Juanma García e María Ferro, que lle explicaron como era o seu día a día nos distintos departamentos aos que pertencen. Unha vez máis, esta visita complementa a formación do alumnado do IES A Guía, poñéndoo en contacto con profesionais do sector da nosa contorna e, en definitiva, co mundo laboral no que desenvolverán a súa carreira profesional.

corte ingles

corte ingles 2

Logo_plan_dixital

 

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer