Ciclos

Charla-coloquio sobre márketing B2B

O pasado venres día 20 de xaneiro, o alumnado de 2º curso do ciclo superior de Xestión de Vendas e Espazos Comerciais e de 1º e 2º curso do ciclo superior de Comercio Internacional do IES A Guía, tiveron a ocasión de asistir a unha charla impartida por un consultor en BtrueB e ex-director de márketing en Veka e grupo FINSA. Dende o IES A Guía queremos agradecer a súa presenza no noso centro.

 

b2b

b2b2

Visita ao centro crossfit Centaurus

O pasado mércores día 18 de xaneiro o alumnado de 2º curso do ciclo superior de Acondicionamento Físico do IES A Guía visitaron o centro de crossfit Centaurus para realizar unha sesión práctica. Dende o IES A Guía queremos agradecer a súa colaboración para a formación do noso alumnado.

centaurus

Visita ao Porto e Viveiro de mariscos de Vigo

O pasado día 11 de xaneiro, o alumnado de 1º curso de Xestión de Vendas e Espazos Comerciais na modalidade dual, acompañados de dúas embaixadoras de excepción (Patricia Leirós e Lourdes Porto), visitaron o Porto de Vigo e asistiron á subasta de bivalvos na lonxa de mariscos. Patricia e Lourdes explicáronlles como funcionaba a subasta, os tipos de pesca e de embarcacións que se empregan entre outras cousas moi interesantes do apaixoante mundo do sector pesqueiro.

yol

Traballo en equipo na clase de FOL

O xoves 21 de decembro, a piques de comezar o Nadal, o alumnado do ciclo superior de Acondicionamento Físico levou a cabo a dinámica da torre de espaguetis. Con ela, o alumnado experimentou como se traballa en equipo, quen asumiu o papel de líder, ... pero sobre todo, a aprendizaxe que leva asociada asumir os obxectivos e non renderse ata o segundo final. Os gañadores conseguiron unha torre de 57 cm. Parabéns!!

espaguitis

 espaguitis2

espaguitis3

Logo_plan_dixital

 

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer