Visita ao Mercado de Teis do alumnado de 1º e 2º de COPAL

O pasado día 13 de decembro, o alumnado de 1º e 2º de Comercialización de produto alimentario, realizou unha visita ao mercado de Teis. Nesta saída coñeceron de primeira man a historia do mercado, as condicións para instalar un negocio no mesmo, así como as futuras reformas que acometerán para o ano na que teñen como obxectivo a modernización e dixitalización do mesmo. Ademáis coñecimos polo miúdo o traballo de distintos negocios como peixerías e carnicerías. Dende o IES A Guía queremos darlle as grazas a todo o persoal do mercado así como ao seu xerente por amosarnos con detalle as instalacións.

teiscopal

teiscopal2

Logo_plan_dixital

 

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer