Publícase a CONVOCATORIA para mobilidades Erasmus+ para todo o alumnado de segundo curso de ciclos superiores do instituto.
A partir do día seguinte á publicación pódense xa presentar as candidaturas.
Boa sorte!
O alumnado de FPB visitou o pasado mércores 15 de novembro a tenda Oxfam Intermón situada no centro de Vigo, así como outros comercios do centro vigués, coñecendo de primeira man como é a realidade do comercio local.
Esta visita encadrase na posta en marcha da futura tenda efímera de Oxfam que se instalará no centro o vindeiro mes. Con este proxecto o alumnado aprende a xestionar un establecemento comercial e ademáis conceptos como comercio xusto, sostible e solidario.
Os alumnos e alumnas de 1º e XVEC fixeron unha visita a este gran alacén onde os distintos xefes de sección informárolles da súa actividade diaria.
Este mércores contaremos con Daniel Pego, alumno do ciclo superior de comercio internacional que estivo de Erasmus+ este ano en Portugal e que nos vai contar a súa experiencia.
É o momento para informarse das posibilidades que ofrece o programa Erasmus+ e de resolver dúbidas.
Vémonos o mércores 15 no salón de actos do instituto, de 12h a 13:40h.
Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer