Novo premio para o proxecto DEPOENXEBRE

O pasado 24 de maio, tivo lugar a entrega de premios do concurso ELEVAT-V en Ponferrada, onde o noso centro gañou o 1º premio co proxecto DEPOENXEBRE, realizado por tres alumnos do 2º curso do Ciclo Superior de Acondionamento Físico.

O concurso consistiu na elección do mellor vídeo de menos de 1 minuto explicando a idea de negocio como actividade do módulo de Empresa e Iniciativa Emprendedora, entre alumnos de FP. Nesta edición chegaron a fase final un total de 9 centros pertencentes a Castela e León, Cataluña e Galicia, destacando a gran calidade dos vídeos así como as ideas de negocio presentadas. O vídeo gañador feito polos alumnos Samuel I., Raúl R. e Rubén S. propón levar o deporte ás zonas rurais de Galicia, facendo actividades dirixidas para todas as idades, con especial focalización na 3ª idade, permitindo a socialización da zona e unha mellora da condición física e mental.

O premio, dotado con 300€, foi outorgado durante a cerimonia de entrega de diplomas e proxección dos vídeos (poden verse en www.elevatv.com). O concurso foi organizado por tres profesores de Formación e Orientación Laboral (FOL): Alejandro Bernardo de Quirós Sanz (CIFP Felipe VI de Segovia), José Alberto León Martín (IES Ramón y Cajal de Valladolid) e Marta Rodrigo García (IES A Guía de Vigo), contando coa colaboración da Fundación Empresa Familiar de Castela e León que financiou os premios.

Moitos parabéns!!!

Torneo de Xadrez na Semana das Letras

A pasada semana do 15 ao 19 de maio, con motivo da celebración das Letras Galegas tivo lugar un torneo de xadrez na biblioteca do IES A Guía. Na actividade participou alumnado de 1º, 2º e 3º de ESO, ademais do de 1º de Bacharelato. Aquí vos deixamos unha mostra desta iniciativa organizada polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega e do Equipo de Biblioteca:

Visita á Casa das Ciencias e á Torre de Hércules

O pasado 22 de maio, o alumnado de 2º de ESO do IES A Guía realizou unha saída á cidade de A Coruña. En primeiro lugar, visitaron a Casa das Ciencias, onde poideron experimentar en primeira persoa os contidos de materias como a física ou as matemáticas. Logo, desprazáronse á Torre de Hércules, o faro en funcionamento máis antigo do mundo.

Taller de materiais reciclados para a construción de vivendas no MARCO

O pasado 23 de maio, o alumnado de 3º de ESO do IES A Guía desprazouse ata o Museo de Arte Contemporánea de Vigo (MARCO) para participar nun taller de construción de casas con materiais de cartón reciclados. O motivo do taller é a celebración do Día Internacional dos Museos baixo o lema "museos, sostibilidade e benestar". Aquí tedes unha pequena mostra do traballo da montaxe das edificacións nesta actividade organizada polo departamento de Educación Plástica e Visual:

Logo_plan_dixital

 

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer