Benvidos á web do IES A Guía

Dúbidas importes bolsas Erasmus+

Bo día,

Para os que tedes dúbidas con respecto a canto cobrariades no caso de irdes de Erasmus+ en ciclos superiores, déixovos esta infografía para que poidades estimar facilmente canto vos tocaría cobrar.

Prazo e procedemento de reclamacións 2º Bacharelato no curso 22/23

1º) REVISIÓN das CUALIFICACIÓNS: solicitude ao profesorado da revisión das cualificacións:

Convocatoria ordinaria:18 de maio

Convocatoria extraordinaria: o día 23 de xuño

2º ) RECLAMACIÓN ANTE O CENTRO: das cualificacións das materias de 2º curso de bacharelato ou das materias pendentes de 1º, dirixiranse á DIRECTORA (solicitar modelo en conserxería)

Convocatoria ordinaria: 18 e 19 de maio

Convocatoria extraordinaria: 26 e 27 de xuño

RESOLUCIÓN DO DEPARTAMENTO: Entrega no despacho da DIRECCIÓN da resolución do DEPARTAMENTO

Convocatoria ordinaria: ata o 23 de maio, ás 11:00 h

Convocatoria extraordinaria: ata o 28 de xuño, ás 11:00 h

3º) RECLAMACIÓN ANTE XEFATURA TERRITORIAL Dende a comunicación da resolución do 2º punto poderase solicitar que o director remita o expediente á Xefatura Territorial de Educación de Pontevedra

Convocatoria ordinaria: 23 e 24 de maio

Convocatoria extraordinaria: 29 e 30 de xuño

Para máis información, prema aquí

Alumnado de Acondicionamento Físico gañadores do 2º premio "DepoEmprende na FP"

No Salón de plenos do Pazo provincial da Deputación de Pontevedra, os alumnado de Acondicionamento Físico do IES A Guía recolleu o 2º premio Depoemprende, cunha dotación de 500 euros, polo seu proxecto "Depoenxebre", un xeito de levar o deporte ás zonas rurais de Galicia, á vez que favorece a socialización e a integración dos nosos maiores. Parabéns aos nosos alumnos Samuel, Raúl e Rubén!!! Premer para máis información

O IES A Guía presente en FormaMOS

Os días 30 e 31 de marzo tivo lugar a segunda edición da mostra de educación e formación FormaMOS no que o noso centro participou coa súa presenza nun dos 70 stans. Para máis información, premer aquí.

O IES A Guía crea o Xardín do Emprendedor

O IES A Guía aposta polo emprendemento dende o seu departamento de Formación e Orientación Laboral (FOL), poñendo en marcha o Xardín do Emprendedor. Este espazo simboliza o traballo de transformar unha idea nun proxecto real, que xere traballo por conta propia, xa que ao igual que unha árbore, un emprendedor pode botar a semente dunha idea e cultivala con coidado e paciencia para que dé os seus froitos.

Ademais do departamento de FOL (organizador da actividade), colaboraron tamén os departamntos de Comercio e Márketing e o de Economía, facendo partícipe ao alumnado de Formación Profesional (1º de Xestión de Vendas e Espazos Comerciais, 2º de Acondicionamento Físico) e da ESO (4º ESO). O Xardín do Emprendedor foi financiado por unha banda co "Reto dos 5 euros", no que o alumnado de FP debía poñer en marcha idea de negocio cunha inversión máxima inicial de 5 euros e levala a cabo no centro establecendo prezos populares polo producto á venda (0,20€). Houbo actividades de todo tipo incluíndo xadrez, participacións en rifas, debuxos personalizados, espectáculos de maxia, venda de café, etc. A outra parte da financiación correu a cargo de 4º de ESO coa creación da cooperativa Agarime (dentro do proxecto educativo DepoEmprende), na que puxeron á venda bolsas de tela reciclables con deseño propio, ademais do sorteo dunha cesta no Entroido. Debido a súa repercursión, o xornal escolar atlántico cubriu a noticia, que podedes ler de seguido:

Premio polo participación no entroido

O pasado luns, día 27 de marzo, o alumnado de 2º, 3º e 4º de ESO foi de visita ao Lago Castiñeiras para premiar a súa participación na edición do entroido 2023. Aquí tedes unha pequena mostra:

Logo_plan_dixital

 

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer