Charla informativa Erasmus+

Este mércores contaremos con Daniel Pego, alumno do ciclo superior de comercio internacional que estivo de Erasmus+ este ano en Portugal e que nos vai contar a súa experiencia.

É o momento para informarse das posibilidades que ofrece o programa Erasmus+ e de resolver dúbidas.

Vémonos o mércores 15 no salón de actos do instituto, de 12h a 13:40h.

Está invitado a asistir todo o alumnado de segundo curso dos ciclos superiores da familia de comercio e márketing.

Logo_plan_dixital

 

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer