Para que vexades que nos preocupamos por vós e por se acaso non sabedes moi ben en que ocupar todo o tempo vacacional, dende a biblioteca facémosvos algunhas suxestións.
881 960 528 | |
ies.findocamino@edu.xunta.es |
Para que vexades que nos preocupamos por vós e por se acaso non sabedes moi ben en que ocupar todo o tempo vacacional, dende a biblioteca facémosvos algunhas suxestións.
Hoxe é 25 de Novembro, o día internacional da loita contra a violencia de xénero (ogallá non fixeran falla estos días). Dende a biblioteca facémosvos unha serie de recomendacións de lectura. Están, como de costume, no expositor da entrada do instituto. Nel podedes atopar libros que tratan directamente o tema: " A cabeza de Medusa, Unha présa de terra...", guías didácticas para reflexionar: "Aprendendo a previr a violencia de xénero, Fíos Violeta..." ou comics que reflicten a situación da muller no mundo: "Aya de Youpougón, Viva la vida, Andando...." Podédelos coller na biblioteca a partir da semana que vén.
Alguns videos sobre este tema podémolos atopar na páxina do Ministerio de Sanidade, Política Social e Igualdade.
Tamén podes descargar o documento no seguinte enlace
Tamén pode descargar o procedemento nos ficheiros adxuntos
O Centro escolar está redactando as normas de organización e funcionamento, un documento no que se aclaran cuestións que afectan á vida escolar, como a custodia do alumnado, o control da asistencia e da puntualidade, as normas de convivencia, o uso das instalacións, etc. Compre que as familias participen deste, co obxecto de que resulte un documento compartido por toda a comunidade educativa.
No documento adxunto poden ler un borrador elaborado polo equipo directivo. Por favor, faga chegar as súas consideracións ou emendas ó correo electrónico do centro ies.findocamino@edu.xunta.es ou ben por notificación na secretaría do centro dirixida ó director. Tamén, as familias poden facer chegar as súas suxerencias a través da representante da ANPA, Concha Montero Ruzafa ou da representante do consello escolar Mª Victoria Outes Ruibo.
Unha aperta: o director
Presentacións na biblioteca do centro o venres 16 de Setembro de 2011 co seguinte horario:
Haberá transporte escolar para chegar ás 11:00 horas ó instituto e sair ás 12:30 horas.
Durante o mes de agosto publicáronse na web http://premio.fad.es/ os finalistas autonómicos del Premio a la Acción Magistral 2011, en septembro celebrarase a Comisión de Avaliación Estatal e a reunión do Xurado, e a principios do mes de outubro faranse públicos os gañadores desta edición do Premio.
Para velo noso proxecto podedes clicar aquí ou ben acceder á http://premio.fad.es/phocadownload/2011/Recomendados_autonomicos/459-Galicia-B-PAM11.pdf.
881 960 528 | |
ies.findocamino@edu.xunta.es |