Skip to Content

O alumnado de todos os cursos participou hoxe nun obradoiro sobre saúde mental organizado polo Departamento de Orientación. Nel, unha terapeuta ocupacional de APEM (Asociación Pro Enfermos Mentais) falounos de diferentes tipos de trastornos mentais e os sinais de alarma que debemos ter en conta para detectalos e poder, así, minimizalos con axuda profesional. Veu acompañada dun usuario da asociación, que nos contou a súa propia experiencia.


Que mellor xeito de celebrar o Día do Libro Infantil e Xuvenil que coa visita dunha das nosas autoras favoritas? O alumnado de 1º e 2º ESO asistiu na biblioteca a un encontro, facilitado pola editorial Galaxia, coa escritora Antía Yáñez Rodríguez, autora de libros lidos por nós como O misterio de Portomarín, O misterio do torque de Burela e Be water.
Tras a presentación da escritora feita por Mencía, Antía Yáñez falounos dos seus libros, da historia de Portomarín, do proceso da escrita e contestou ás preguntas que os alumnos e alumnas lle fixeron.
Moitas grazas, Antía, pola túa visita!


Hoxe comezou o noso torneo de xadrez, este ano no formato 960.
Moita sorte a todos os participantes e que gañe o mellor.


 

Dende o centro unímonos á celebración do Día Internacional da Muller con diferentes actividades. As integrantes do grupo de 2º ESO do Club de lectura leron un manifesto e o texto Carta de una madre; inauguramos a exposición As mulleres da nosa vida, con fotografías proporcionadas polo alumnado; editamos un vídeo-homenaxe ás mulleres de Fisterra; e realizamos a presentación 8 Mulleres Galegas, sobre a que elaboramos un Kahoot no que invitamos a participar a todo o alumnado.

Ver presentación 8 Mulleres Galegas

Ver vídeo As mulleres da nosa vida


O venres 23 celebramos o Día de Rosalía con varias actividades. Seguindo a proposta da AELG, elaboramos o cartel-mural "Rosalía: o amor da patria galega"; durante o recreo puidemos escoitar a través da megafonía un recital poético protagonizado por alumnado e profesorado do centro; e, por último, a nosa Rosalía particular, Mencía, repartiu poemas e chapas deseñadas e elaboradas polo Departamento de Artes Plásticas.

Escoitar recital


Entroido

A celebración do Entroido no IES Fin do Camiño  comenzou coa degustación de filloas e chocolate no recreo. De seguido tivemos o desfile de comparsas por categorías, primeiro sairon as  clases e despois tivemos concurso en pequenos grupos.

Parabéns a todo o alumnado participante!!!

Tedes reportaxe fotográfico no enlace.

Enlace aos vídeos das actuacións.


A rifa premiada co carro da compra do IES Fin do Camiño é a que ten o número 4974.

No caso de non aparecer antes do 22 de marzo, volverase a facer un novo sorteo despois desa data. Revisade as que teñades e estade atent@s de facerse o novo sorteo.



by Dr. Radut