Skip to Content

Novidades COVID-19

SOLICITUDE DE PARTICIPACIÓN NO PROCEDEMENTO DE DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS

O venres 13 de novembro publicouse no DOG a Orde pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria, ESO e educación especial en centros públicos e concertados no curso 2020/21.

Nesta Orde estáblecese que o alumnado destinatario será:

1- O que fose beneficiario de axuda para adquirir material escolar no curso 2020/21.

2- O que non fose beneficiario de axuda para adquirir material escolar no curso 2020/21, pero que pertenza a familias cunha renda per cápita igual ou menor de 6.000 €.

 Presentación de solicitudes:

alumnado que fose beneficiario da axuda para a compra de material escolar no curso 2020/21 NON terá que presentar a solicitude.

alumnado que non tivo ou non presentou a solicitude de axuda para a compra de material escolar no curso 2020/21, poderá presentar a solicitude.

 A solicitude deberán presentala presencialmente na oficina do instituto, cubrindo os Anexo I e II, que estarán dispoñibles na oficina do instituto e tamén na sede electrónica da Xunta.

Prazo de presentación de solicitudes:

Do 14 ao 27 de novembro de 2020.

 Máis información neste enlace.

Anexos neste enlace

 

Novas normas na biblioteca

Debido á situación sanitaria ocasionada pola COVID-19, este curso temos novas normas na nosa biblioteca. Pero isto non significa que non continuemos a dar o servizo de préstamo, ou que non poidamos usar o espazo da biblioteca e os seus ordenadores... Seguiremos con ilusión, gozando da lectura, coma sempre, pero intentando minimizar os riscos de contaxio, por iso coa fin de manter na medida do posible a continuidade do grupo de pertenza contemplada en todas as actividades do centro, asignouse un día da semana a cada clase para poder utilizar a biblioteca.
No seguinte vídeo o alumnado de 1ºESO pon voz ás normas que, en principio, rexerán o seu uso durante este curso.

Ver vídeo

Plan COVID-19

Xa está dispoñible a primeira versión do Plan de adaptación á situación COVID-19 no curso 2020-2021 do IES Fin do Camiño.

Novidades COVID-19

Con vontade de servizo público iniciamos o espazo Novidades COVID-19 da nosa web, no que se publicarán as novidades sobre a pandemia que atinxan ao noso centro. Para mellorar a súa difusión serán publicadas simultáneamente na páxina principal pero será nese espazo, Novidades COVID-19, onde permanecerán debidamente agrupadas e ordeadas.

Pódese acceder a Novidades COVID-19 tanto desde o botón localizado na cabeceira de tódalas páxinas da nosa web como mediante o elemento gráfico presente só na páxina principal arriba á dereita.

Distribuir contido


by Dr. Radut