Skip to Content

Actividades Extraescolares, Artes Plásticas, Biblioteca, Bioloxía e Xeoloxía, Departamentos, Educación Física, Exercicios, Física e Química, Lingua Castelá, Lingua Francesa, Lingua Galega, Lingua Inglesa, Matemáticas, Música, Normalización Lingüística, Orientación, Pendentes, Relixión, Tecnoloxía, TICs, Xeografía e Historia

Entroido 2024 no IES Fin do Camiño

A próxima semana, teremos tempo de troula ademais de traballar.

De luns a xoves seguiremos os mandadiños da sardiña para botarnos unhas risas.
O venres, ademais de comer sobremesas típicas destas datas, celebraremos o concurso de disfraces e comparsas con interesantes premios.

Animádeos a participar!!

Enlace aos mandadiños da sardiña.

Iniciación segura á pegada dixital e ás redes sociais

 Este martes 30 de xaneiro visitounos David, da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA). Na súa intervención, David abordou os conceptos básicos da pegada dixital, así como as súas implicacións para a privacidade e a seguridade.

Comezou definindo a pegada dixital como a pegada que deixamos na rede cada vez que realizamos unha acción en liña. Este rastrexo pode incluír información confidencial sobre nós, como o enderezo IP, os sitios web que visitamos, as buscas que realizamos, os dispositivos que usamos, o noso nome ou a localización onde nos atopamos.

Despois afondou nas implicacións da pegada dixital para a privacidade. Explicou que se non tomamos medidas para protexer a nosa privacidade, calquera persoa que teña acceso á nosa pegada dixital podería recompilar información sobre nós sen o noso coñecemento e utilizala para diversos fins, como mercadotecnia, vixilancia, ciberacoso ou outras actividades delituosas.

Finalmente, ofreceu consellos para protexer a nosa privacidade na web. Estes consellos incluían o uso de contrasinais seguros, evitar compartir información persoal en liña ou usar ferramentas de privacidade.

A conversa amena e a información clara. Agora que comprendes os riscos asociados á túa pegada dixital e como protexerte, xa é cousa túa. Toma o control da túa pegada dixital!

Distribuir contido


by Dr. Radut