Skip to Content

Novas

Novo protocolo Covid-19 (xaneiro 2022)

Adxúntase o novo protocolo Covid da Xunta de Galicia (versión xaneiro 2022) para o ámbito educativo non universitario. Tamén se inclúe un cartel con indicacións para actuar en caso de ser contacto estreito dun positivo.

Xustificación de alta de Covid-19

De acordo coas instrucións da Xunta de Galicia, o alumnado que se reincorpore ao centro tras pasar a enfermidade de Covid-19 deberá presentar ao Equipo Covid do instituto a alta médica en formato papel. Deberá ser entregada o mesmo día da incorporación

Apertura do período de reserva de prazas para o curso 2022-23 para alumnado de centros adscritos

O prazo para solicitar a reserva de prazas para o curo 2022-23 para o alumnado de centros adscritos será do día 11 de xaneiro ao 8 de febreiro.

Probas certificación idioma B1, B2 e C1

Nos próximos días confirmaremos as datas dos exames que serán probablemente na segunda semana de decembro. Máis información:

Calendario setembro

Estes son os horarios das probas extraordinarias de setembro de 2021, os días 1 e 2, mércores e xoves

Matrícula ESO e BACHARELATO curso 2021/22

Días e horario de matrícula

Libros de texto 2021/22

No documento adxunto pódense consultar os libros de texto para o curso 2021/2022

Banco de recursos para as probas de certificación lingüística de idiomas

Nesta sección ides atopar un banco de probas de certificacións de inglés das últimas convocatorias a nivel nacional. Xa están incluídos os enlaces do Trinity College que serán os que fagan as probas. Para velo mellor premede no icono superior dereito para ampliar o padlet.

 

Probas de certificación de linguas estranxeiras

Os alumnos que cursen no 2021/22 4ºESO, 2ºBAC ou 1º BAC poden certificar a súa competencia lingüística en B1,B2 ou C1...ler os docs adxuntos e a Orde do 27 de maio.

2º Bacharelato. Exames extraordinarios

O alumnado de 2º bacharelato que non superou o curso na convocatoria ordinaria realizará do 16 ao 22 de xuño de 2021 os exames extraordinarios das materias de 2º bacharelato e das materias pendentes de 1º bacharelato.

O calendario destas probas extraordinarias é:

Distribuir contido


by Dr. Radut