Skip to Content

Taboleiro

Concurso Cartel Publicitario #EuSonPilabot

O noso centro participa este curso na campaña de recollida de pilas Pilabot e queremos animar a todo o alumnado a participar no Concurso Individual de Cartel Publicitario #EuSonPilabot, co que poderán gañar unha tableta! O prazo de inscrición remata o 14 de abril de 2023.

Toda a información está en www.pilabot.gal/eusonpilabot 

Charla sobre consumo responsable con 1º e 2º da ESO

 

O alumnado dos cursos de 1º e 2º da ESO tivo a oportunidade de asistir no centro a unha charla sobre consumo responsable, organizada pola Escola Galega de Consumo. 

Nesta abordáronse diferentes aspectos sobre os xeitos de consumir coa finalidade de afondar na formación de consumidores e consumidoras concienciadas, responsables e comprometidos/as coa sostibilidade.

Saída a Ferrol do alumnado de 3º e 4º ESO

 

O pasado de 23 febreiro o alumnado de 3º e 4º ESO realizou unha saída a Ferrol organizada polos departamentos de Francés e Xeografía e Historia.

O alumnado de Francés asistiu á representación da obra Le Tour du monde de Nellie Bly, baseada na obra de Xulio Verne A volta ao mundo en 80 días. A función foi organizada para público escolar por BHM Produccións – La Bohème.

Finalizada a participación do noso centro no Programa escolar de consumo de froitas, hortalizas e leite

Finaliza a participación do noso IES, un ano máis, no Programa escolar de consumo de froitas, hortalizas e leite. 

O noso centro está adherido a esta campaña, financiada con fondos galegos, españois e europeos, que fomenta o consumo de froitas e lácteos entre o alumnado.

Durante varias semanas, este tivo acceso a diario, no tempo de lecer, a estes produtos.

 

 

Visita do alumnado de 4º ESO e Bacharelato á exposición "A fuxida do Bou Ramón"

 

 

A pasada semana, o alumnado de 4º da ESO e Bacharelato asistiu, na Casa das Palmeiras do Concello de Neda, á exposición fotográfica titulada A fuxida do Bou Ramón, á que tamén asistiu unha representación do Concello.

Instrucións para a realización da avaliación de bacharelato para o acceso á universidade (ABAU)

Publicadas as instrucións para a realización, dentro do curso 2022/23, da avaliación de bacharelato para o acceso á universidade (ABAU) para o curso 2023/24

Horarios de exames de materias pendentes da 2ª avaliación

No seguinte documento aparecen as datas e horarios das probas de materias pendentes que se realizarán fóra do horario lectivo.

Saída ao teatro do alumnado da ESO e 1º de Bacharelato

O alumnado de todos os cursos da ESO e de 1º de Bacharelato puido desfrutar hai uns días, na Casa da Cultura do Concello, da obra de teatro Alma de tigre, da compañía Elefante Elegante.

Calendario escolar para o curso 2022/23

No día de onte 26 de xaneiro, o Consello Escolar do IES Fernando Esquío aprobou as modificacións do calendario escolar para o curso 2022/23. Estas modificacións foron realizadas seguindo as indicacións da Orde do 27 de decembro de 2022 de modificación da Orde do 20 de maio de 2022 pola que aproba o calendario escolar para o curso 2022/23 nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia.

Distribuir contido


by Dr. Radut