Skip to Content

Folga alumnado xoves 26 de outubro

Estimadas familias, 

O Sindicato de Estudantes convocou unha folga de alumnado que terá lugar o xoves 26 de outubro.

Sobre este tema a dirección deste centro quere comunicarlles que:

1 - Segundo a lexislación vixente no que respecta ao exercicio do dereito de inasistencia a clase (“folga”) este pode ser exercido por todo o alumnado a partir de 3ºESO.

2 - O centro funcionará con total normalidade e mantéñense as clases como en calquera outra xornada lectiva.

3 - A xustificación de faltas por folga non se poderá facer por Abalar, deberá facerse a través do impreso que as persoas titoras facilitarán ao alumnado e que debe ser entregado nun prazo máximo de 5 días.

 Un cordial saúdo, 

O equipo directivo



blog | by Dr. Radut