Teléfono 881930387 Código do centro: 15027216 ies.fernando.esquio@edu.xunta.gal
Folga profesorado martes 24 de outubro
Prezadas familias,
O martes 24 de outubro está convocada unha folga de profesorado.
O centro estará aberto no seu horario habitual e o servizo de transporte funcionará como de ordinario.
A Consellería de Educación emitiu a ORDE do 17 de outubro de 2023 pola que se determinan os servizos mínimos durante a folga. Terán a consideración de servizos mínimos para o persoal docente dos centros educativos públicos da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, a dirección ou membro do equipo da dirección.
Saúdos,
O equipo directivo