Skip to Content

Visita de Exparlamentarios ao centro

 

O Parlamento de Galicia e a Asociación de Exparlamentarios/as organizan unha charla-coloquio no IES Fernando Esquío o vindeiro venres ás 12:30.

Neste acto participarán os/a exdeputados/a:

  • Fernando Rodríguez Corcoba (PPdeG)
  • Natividad González Laso (PSdeG-PSOE)
  • Carlos Aymerich Cano  (BNG)

As charlas-coloquio son sesións divulgativas que teñen como obxectivo que os estudantes poidan coñecer de preto o traballo que se desenvolveno Parlamento de Galicia.

Os/as exparlamentarios/as explican as funcións da Cámara autonómica, a súa composición e órganos, e contestan ás preguntas dos asistentes. A charla compleméntase cunha proxección audiovisual, que fai un percorrido pola realidade da principal institución política de Galicia.

 

 



blog | by Dr. Radut