Skip to Content

ABALAR MÓBIL

Estamos a poñer en marcha no centro a aplicación Abalarmóbil que se pode atopar en  Google Play ou na App Store.

A nai e o pai poderán instalar a aplicación nos smartphone que teñan os números que se aportaron na matrícula. Se se quere empregar noutro número habería que comunicar o cambio na secretaría do centro.

Unha vez instalada a aplicación, pódese acceder aos datos académicos do alumno. Neste momento xa funciona a comunicación de faltas de asistencia, de incidencias e de cualificacións de avaliación. Posteriormente iranse engadindo outras funcionalidades.

Neste curso implantaranse servizos como xustificación de faltas, titorías e avisos ás familias.

Abalarmóbil permitirá concertar citas de titoría, comunicar e xustificar faltas e enviar avisos.

Neste enlace podedes ver un vídeo sobre o seu funcionamento e funcionalidade e nos adxuntos información máis detallada da aplicación.

AdxuntoTamaño
guia_mobil-familias_-galego.pdf1.83 MB
Diptico abalarMobil familias.pdf538.4 KB


page | by Dr. Radut