Skip to Content

Facendo ciencia en grego

Teresa Amado

Teresa Amado, profesora titular de Filoloxía Grega da Universidad de Santiago, impartíu unha conferencia aos alumnos de 1° de bacharelato e de 4° de ESO o venres 29 de maio no IES Fernando Esquío. O título era "Haciendo ciencia en griego".

A profesora Amado intentou que os estudantes, tanto de letras como de ciencias, entendesen a orixe grega de gran parte do noso vocabulario pero sobre todo do léxico científico. Partindo do momento en que Tales de Mileto crea o que hoxe chamamos ciencia, coas matemáticas en primeiro lugar, mostrou, con exemplos amenos e sinxelos, o problema inicial de dar un nome a realidades ata entón descoñecidas, os avatares desa terminoloxía ata que chegan a nos, ben a través de árabes e romanos ben directamente do grego, e como hoxe en día seguimos o mesmo proceso para denominar a novos inventos, aínda que, dado que as nosas linguas non teñen a mesma facilidade que o grego para crear palabras derivadas e compostas, todavía seguimos recorrendo a el.
Resumindo, Teresa Amado ensinounos a entender que é lóxico que se os gregos inventaron a ciencia a terminoloxía científica sexa maioritariamente grega pero que a elección desta terminoloxía non foi arbitraria e que se coñecemos o grego poderemos entender sen ningún esforzo o léxico das ciencias.

Esta charla continúa un ciclo que iniciamos en abril coa impartida por Angel Carracedo, Catedrático de Medicina Legal  na Universidade de Santiago de Compostela, Presidente de la International Society for Forensic Genetics e Coodirector da Unidade de Medicina Molecular do Sergas.

Todo un privilexio para os asistentes



page | by Dr. Radut