Skip to Content

Navega con rumbo

O equipo de "Navega con rumbo" estivo a dar unha charla no centro e deunos pautas, a toda a comunidade escolar, para navegar pola rede con seguridade. Navega con rumbo

 

A Internet é unha porta nova que abrimos na nosa casa pola que podemos saír e ver o que hai fóra, pero tamén permite que os demáis entren. Continuamente están a aparecer novas aplicacións e funcións interesantes e que poden ser moi útiles, pero ás veces teñen resultados non desexados. Ser quen de escoller o que visitamos, sen levar sorpresas desagradables, controlar a información que compartimos e filtrar aos que entran é fundamental para a nosa seguridade. Na charla se proporcionaron unhas pautas sinxelas que nos farán todo máis fácil.

Nos enlaces tedes material que puxeron á nosa disposición

Ciberbullyng (vídeo)

Control parental (vídeo)

Grooming (vídeo)

Limitar contactos (vídeo)

Privacidade (vídeo)

Navega con rumbo(vídeo)

Presentación Navega con rumbo

Presentación Navega con rumbo (pdf)

As novas tecnoloxías son moi útiles e divertidas, pero continuamente cambian e hai que estar atentos e formarse para usalas correctamente. Se na nosa vida cotiá tomamos precaucións fóra da rede, temos que facelo exactamente igual coa Internet.



page | by Dr. Radut