QUERES ESTUDAR FP O CURSO QUE VÉN?
MIRA AQUÍ A OFERTA EDUCATIVA NA COMARCA DE BERGANTIÑOS E AQUÍ ESPECIFICAMENTE A DO NOSO IES.
Xa temos gañadores do IV CONCURSO DE FOTOGRAFÍA MATEMÁTICA Comendo Matemáticas.
O 1º premio é para Inés Carril, de 4º ESO A, coa fotografía titulada Fórmulas matemáticas con sabor a laranxa.
O 2º premio, ex aequo, para:
Saray Rafael de 2º ESO con En raia
Víctor Canizás de 2º ESO con Escuadra e cartabón.
O 3º premio para Alba Agrelo, de 2º Bac A, con Imitando a simetría
Moitas grazas pola vosa participación e parabéns aos gañadores!
En breve porémonos en contacto con vós para facervos entrega dos premios.
IV CONCURSO DE FOTOGRAFÍA MATEMATICA: COMENDO MATEMATICAS O obxectivo fundamental que nos propoñemos ao convocar este concurso é que os alumnos desenvolvan a súa creatividade e imaxinación para ver e apreciar os múltiples aspectos do noso entorno que están relacionados coas matemáticas. A propia Natureza e as obras humanas como a arquitectura, o urbanismo, etc., conteñen un extenso mostrario de formas e conceptos matemáticos. Velos, abstraelos e plasmalos nunha imaxe, constitúe unha actividade intelectual, creativa e pracenteira que se pretende fomentar.
• Poderán participar todos os alumnos matriculados no IES Eduardo Pondalde Ponteceso. • O tema das fotografías deste ano será "COMENDO MATEMÁTICAS" • Cada concursante poderá presentar un máximo de tres fotografías orixinais,en branco e negro ouencor,e cun peso máximo de 1,5Mb.Só se pode retocar o brillo,o contraste,a cor e a saturación. • Os traballos enviaranse por correo electrónico a concursoponteceso@gmail.com. • Cada fotografía deberá ir acompañada do autor da mesma,curso e título (que faga alusióná temática deste ano) • O prazo de entrega estará comprendido entre o 6 de Abril de 2021e o 20 de Maio de 2021. • O xurado estará composto por profesores do IES Eduardo Pondal. • Unha selección das fotografías presentadas será exposta no centro e nas súas redes sociais. • O 25 de Maio daranse a coñecer os gañadores. • Concederase premio ás tres menores fotografías. • A participación no concursoimplica a aceptacióndas bases. |
PREMIO:
" XXV CUNCURSO EUROPEO CANCURO DE MATEMATICAS"
CONCEDIDO Ó I.E.S. EDUARDO PONDAL DE PONTECESO
VISITA O DIPLOMA NO ENLACE:
|