IES EDUARDO PONDAL

IV Concurso de Fotografía Matemática

IV CONCURSO DE FOTOGRAFÍA MATEMATICA:

COMENDO MATEMATICAS

O obxectivo fundamental que nos propoñemos ao convocar este concurso é que os alumnos desenvolvan a súa creatividade e imaxinación para ver e apreciar os múltiples aspectos do noso entorno que están relacionados coas matemáticas.

A propia Natureza e as obras humanas como a arquitectura, o urbanismo, etc., conteñen un extenso mostrario de formas e conceptos matemáticos. Velos, abstraelos e plasmalos nunha imaxe, constitúe unha actividade intelectual, creativa e pracenteira que se pretende fomentar.


O IV Concurso de Fotografía Matemática,rexerase polas seguintes bases:

• Poderán participar todos os alumnos matriculados no IES Eduardo Pondalde Ponteceso.

• O tema das fotografías deste ano será "COMENDO MATEMÁTICAS"

• Cada concursante poderá presentar un máximo de tres fotografías  orixinais,en branco e negro ouencor,e cun peso máximo de 1,5Mb.Só se pode retocar o brillo,o contraste,a cor e a saturación.

• Os traballos enviaranse por correo electrónico a concursoponteceso@gmail.com.

• Cada fotografía deberá ir acompañada do autor da mesma,curso e título (que faga alusióná temática deste ano)

• O prazo de entrega estará comprendido entre o 6 de Abril de 2021e o 20 de Maio de 2021.

• O xurado estará composto por profesores do IES Eduardo Pondal.

• Unha selección das fotografías presentadas será exposta no centro e nas súas redes sociais.

• O 25 de Maio daranse a coñecer os gañadores.

• Concederase premio ás tres menores fotografías.

• A participación no concursoimplica a aceptacióndas bases.