Educación Física

PROXECTA: PROXECTO DEPORTIVO DE CENTRO (PDC) "CHARLA DA PEDIATRA SHEILA SOBRE HÁBITOS SAUDABLES" (Actividade relacionada coa andaina:"Camiñamos por retos"

Enviado por noefp o Sáb, 09/05/2020 - 07:10
Onte, 18 de novembro, tivo lugar no IES unha charla para 1ºESO a cargo da pediatra, Sheila,  do Centro de saúde de Guitiriz

 

Abordou as seguintes temáticas: cambios no corpo dos nenos/as ,hixiene,  alimentación e hábitos saudables (deporte, uso moderado de novas tecnoloxías, ...)

 

O alumnado fixolle moitas preguntas,curiosidades e dúbidas  relacionadas coa temática da charla, as cales ela respondeu moi cercana.

 

As familias estiveron moi implicadas na charla tamén, pois o alumnado levou para casa unha tarxetiña para cubrir cos seus pais/nais/titores esas cosas nas que tiñan maior inquedanza.

 

Este é un tema que atañe ao centro e aos servizos sanitarios,pero de maneira moi directa ás familias tamén.

 

Moitas gracias a todo o alumnado por estar tan atento na charla e por participar activamente na mesma!

 

Moitísimas gracias a Sheila polo seu incondicional apoio e colaboración sempre se lle require!

 

 

 

 

( categories: )

PROXECTA: PROXECTO DEPORTIVO DE CENTRO (PDC) "ANDAINA CAMIÑAMOS POR RETOS"

Enviado por noefp o Sáb, 09/05/2020 - 07:02
O día 12 de novembro ás 10.30h (Día internacional contra a obesidade infantil) fixose unha andaina educativo/solidaria coas comunidades educativas do CEIP Plurilingüe Santo Estevo de Parga (éstes finalmente non viñeron debido a previsión meteorolóxica de chuvia) , CEIP Lagostelle e IES Poeta Díaz Castro de Guitiriz, organizada polos profesores de Educación Física dos tres centros educativos e colaborando na mesma distintos mestres, departamentos didácticos, equipos directivos dos centros e a comunidade educativa en xeral: persoal laboral, personal non docente, familias, centro de saúde de Guitiriz, Concello de Guitiriz, departamento de deportes e  técnicos deportivos do Concello de Guitiriz, protección civil, policía local…

 

O percorrido realizouse polo pobo de Guitiriz e os seus arredores, sendo a saída e o retorno no campo da Feira de Guitiriz e tendo unha lonxitude de cinco quilómetros para os participantes (tivemos que modificalo respetando a distancia, pero non o lugar polo que íamos ir por encontrarse en malas condicións debido ao mal tempo)
 
 
Nesta actividade loitamos por catro alicerces fundamentais:
A)      Camiñando por un reto: “Andaina”, contrarrestar e previr a obesidade, o sobrepeso e o sedentarismo mediante a actividade física e hábitos de vida saudables (alimentación saudable: o Concello de Guitiriz donou fruta para todos os asistentes, Sheila a pediatra do centro de saúde de Guitiriz vai dar unha charla ao alumnado sobre hábitos de vida saudables) chegando imaxinariamente sumando os quilómetros de todos/as os/as participantes ata Estocolmo (cidade que está a 2500qms en liña recta de distancia de Guitiriz), ademáis de facer un estudo desta cidade a nivel medio ambiental e ver que cousas poderíamos importar para nosa vila referidas a esta temática.
B)      Loitar pola igualdade de xénero ( levamos dorsais con nomes de mulleres deportistas históricas), en colaboración co Proxecta: "Donas de Sí" no cal participa o Departamento de EF tamén.
C)      Apoiamos a investigación da leucemia infantil: “V edición volta ao cole contra a leucemia infantil” (recaudamos fondos cos que financiar proxectos de investigación infantil, participamos cunha aportación voluntaria de 1 euro, o IES ingresará dita aportación na conta da ONG: unoentrecienmil.org), entregouse dorsal adhesivo solidario sen numerar o día da carreira e diploma ao finalizar a mesma, premio ao seu esforzo.
D)      Coidamos o medio ambiente, coidamos Guitiriz.
“Recollemos lixo” ao longo do percorrido con luvas reutilizables, formándonos nun planeta limpo e sostible.
-O alumnado coa axuda do profesorado de inglés e auxiliares de conversación cantou cancións en ingles con temática sobre as tres R.(reutilizar, reducir, reciclar)
-O alumnado do CEIP de Lagostelle coa axuda do seu profesor de plástica e do auxiliar de conversación fixo distintas pancartas en inglés sobre as temáticas da andaina.

Agradecementos especiais para:
-Alumnado, profesorado, departamentos didácticos, comisión científico-tecnolóxica, direccións, persoal laboral, persoal non docente,auxiliares de conversación,  familias dos tres centros educativos.
-Concello de Guitiriz, corporación municipal, equipo de goberno, alcaldesa, servicio de deportes, técnico deportivo...
-Centro de saúde de Guitiriz: Sheila a nosa pediatra.
-Protección civil, voluntarios, Policia local...
-Veciños/as de Guitiriz.
 
GRACIAS A TODOS/AS!
 

   

( categories: )

PROXECTA: PROXECTO DEPORTIVO DE CENTRO (PDC) "ACTIVIDADE FÍSICO DEPORTIVA NO CENTRO DEPORTIVO D10"

Enviado por noefp o Sáb, 09/05/2020 - 06:43

O día 16 de outubro fomos ao centro deportivo D10 en Outeiro de Rei (Lugo). Tivemos a oportunidade de disfrutar dun centro coas mellores instalacions deportivas de Galicia en canto a padel se refire.
Puidemos disfrutar dunha xornada na cal aprendemos deportes novos tales como: padel, tenis, fitness:TRX, cycling e finalizar cunha xornada de natación.
Fixestedes un traballo magnífico e o voso comportamento foi exemplar coma sempre.
Gracias aos monitores do D10 polo voso magnifico trato co alumnado e polas vosas ensinanzas e por suposto a dirección do clube pola vosa atención en todo momento e o bó trato cara a nos.

 

          

( categories: )

PROXECTA: PROXECTO DEPORTIVO DE CENTRO (PDC) SEMANA EUROPEA DO DEPORTE. #BeActive,#GaliciaSaudable,#Somosactivos

Enviado por noefp o Sáb, 09/05/2020 - 06:23
Este ano celebrase a quinta edición deste evento que terá lugar do 23 ao 30 de septembro de 2019, chegando a sumar un total de 35 países, baixo o lema #BeActive, dende o noso centro educativo ao pertencer á comunidade autónoma de Galicia, ter en marcha un proxecto deportivo de centro e ter o selo de calidade de vida saudable, teremos tamén en conta os lemas #somosactivos,  #Galiciasaudable.  

 Esta iniciativa levarase a cabo a nivel da UE, nacional, rexional e local, e inclúe actividades que acercan o deporte, a actividade física e os hábitos saudables a toda a sociedade ao marxen da idade, o xénero, a condición física e a capacidade.

 O Consello Superior de Deportes  é o coordinador nacional do programa que se desenvolve  no noso país.

 Especialmente celebraremos entre todos o día 27 de setembro, día Europeo do Deporte Escolar, alcanzando ese día máis de120 minutos de actividade física no noso centro escolar.

 

 OBXECTIVO:
O obxectivo desta actividade é resaltar a importancia da Educación Física e do deporte, xerando diversión e goce a través da actividade física, promovendo a saúde e o benestar, a inclusión e o desenvolvemento de competencias sociais no alumnado e establecer relacións entre países europeos. 
 
 
PROGRAMACIÓN:
Faremos as seguíntes actividades
Luns 23:
Durante o tempo de lecer:
            -1º e 2º ESO: "torneo de Brilet" na pista polideportiva do centro.
            -3º, 3º PMAR e 4º ESO: "torneo de Voleibol" no ximnasio do centro.
            -1º e 2º BAC: "torneo de tenis de Mesa"
 
                 
 
Martes 24:
Saída de ocio saudable co alumnado de 1º BAC e 4º ESO (Premio do centro a aula mellor coidada do curso 18/19) ao parque de aventura de Viveiro, Roq Park.
Os percorridos adaptaránse á destreza do usuario, polo que a duración dependerá de cada persoa, que deberá ir salvando os obstáculos cunha línea de vida dende o principio ao final do itinerario.
 
 
 
Mércores 25:
Saída de ocio saudable co alumnado de 2º BAC  ao Urban Planet de Narón, casa dos trampolins e camas elásticas.
 
 
Xoves 26:
Durante o tempo de lecer:
            -1º e 2º ESO:
            "Torneo de Brilet" na pista polideportiva do centro.
            "Torneo de tenis de Mesa"
 
            -3º, 3º PMAR e 4º ESO:
            "Torneo de Brilet" na pista polideportiva do centro.
 
            -1º e 2º BAC:
            "Torneo de Brilet" na pista polideportiva do centro.
            "Torneo de Voleibol" no ximnasio do centro.
 
               
 
Venres 27:
 
-3ª hora da mañá (10.10h a 11.00h): 50 minutos
            -Actividade expresivo-artística, hashtag corporais con acrosport:
            (1ºESO) #BeActive, (2º ESO) #somosactivos 
            -Torneo de "Baloncesto" 1º e 2º ESO.
              RESULTADOS:  CAMPIÓN:1ºA
                                    SUBCAMPIÓN:2ºB
 
-Tempo de lecer (11.00h a 11.30h): 30 minutos
            -Exposición de carteis na pista polideportiva todo o alumnado do IES:
            #BeActive, #somosactivos, #GaliciaSaudable
 
 
            -Finais do "torneo de Brilet" entre 1º,2º,3º e 4º ESO; 1º e 2º BAC.
              RESULTADOS: CAMPIÓN: 2º BAC
                                   SUBCAMPIÓN:1º ESO A
 
-4ª hora da mañá (11.30h a 12.20h): 50 minutos
            -Actividade expresivo-artística, hashtag corporais con acrosport:
            (3º ESO) #BeActive,  (4ºESO, 1º e 2º BAC) #GaliciaSaudable



            -Finais do "torneo de Voleibol" entre 3º, 4º ESO; 1º e 2º BAC.
              RESULTADOS:  CAMPIÓN: 2º BAC
                                     SUBCAMPIÓN: 3º ESO
 

FOTOS DE 120 MINUTOS DE ACTIVIDADE FÍSICA:  https://photos.app.goo.gl/C9mVQWY6hudq55P4A

 
#BeActive #Somosactivos #Galiciasaudable  

 

( categories: )

CLASES SEN FUME

Enviado por Anónimo o Xov, 26/06/2014 - 13:47

Durante o curso 2013-14, os alumnos de 1ºESO, participaron no plan Proxecta, no grupo de CLASES SEN FUME.

Dentro do proxecto, ademáis de impartirse contidos específicos de materias de EF, EPV e CCNN, tamén se trataron contidos transversais nas TITORÍAS, como a autoestima, o autoconcepto ou a toma de decisións.

O coordinador foi Roberto (EF), e participaron Ramón (CCNN), Nuria (EPV), Mª José (TITORA) e Manu (TITORA).

Realizouse un cigarriillo de máis de 3 m, que se colgou do vestíbulo do noso centro. Tamén fixeron unha saída por Guitiriz, para tentar intercambiar cigarrillos por flores e chucherías.

A experiencia foi moi gratificante, podense ver aquí algunhas das fotos do proxecto.

GRAZAS a todos pola vosa colaboración.

Viaxe a Andorra

Enviado por admin o Lun, 13/01/2014 - 07:03

Entre o 11 e o 18 de xaneiro, un grupo de 24 alumnos/as viaxan a Andorra para disfrutar dunhas xornadas de actividade deportiva en contacto coa natureza.

Están acompañados/as por: Roberto Zuluaga (profesor de Educación Física), Nuria Pena (profesora de Educación Plástica) e María Miragaya (profesora de lingua).

 

 

 

 

 

GUITIRIZ SE MUEVE

Enviado por Anónimo o Dom, 10/11/2013 - 09:06
( categories: )

NUEVO BLOG EDUCACIÓN FÍSICA (Roberto Zuluaga)

Enviado por Anónimo o Mar, 05/11/2013 - 16:29

Debido a los numerosos problemas que la web genera, os dejo el enlace al blog de educación física para el Instituto. En dicho blog dejaré toda la información.

Tenéis un enlace en página principal.

 

http://guitirizsemueve.blogspot.com

Apuntes 2º, 3º, 4º ESO

Enviado por Anónimo o Mar, 29/10/2013 - 19:41

Debido a un problema con la web, no he podido subir vuestros apuntes, los dejo en la fotocopiadora, e intentaré subirlos estos días.
Roberto Zuluaga Diaz

Distribuir contido