PROXECTA: PROXECTO DEPORTIVO DE CENTRO (PDC) SEMANA EUROPEA DO DEPORTE. #BeActive,#GaliciaSaudable,#Somosactivos

Enviado por noefp o Sáb, 09/05/2020 - 06:23
Este ano celebrase a quinta edición deste evento que terá lugar do 23 ao 30 de septembro de 2019, chegando a sumar un total de 35 países, baixo o lema #BeActive, dende o noso centro educativo ao pertencer á comunidade autónoma de Galicia, ter en marcha un proxecto deportivo de centro e ter o selo de calidade de vida saudable, teremos tamén en conta os lemas #somosactivos,  #Galiciasaudable.  

 Esta iniciativa levarase a cabo a nivel da UE, nacional, rexional e local, e inclúe actividades que acercan o deporte, a actividade física e os hábitos saudables a toda a sociedade ao marxen da idade, o xénero, a condición física e a capacidade.

 O Consello Superior de Deportes  é o coordinador nacional do programa que se desenvolve  no noso país.

 Especialmente celebraremos entre todos o día 27 de setembro, día Europeo do Deporte Escolar, alcanzando ese día máis de120 minutos de actividade física no noso centro escolar.

 

 OBXECTIVO:
O obxectivo desta actividade é resaltar a importancia da Educación Física e do deporte, xerando diversión e goce a través da actividade física, promovendo a saúde e o benestar, a inclusión e o desenvolvemento de competencias sociais no alumnado e establecer relacións entre países europeos. 
 
 
PROGRAMACIÓN:
Faremos as seguíntes actividades
Luns 23:
Durante o tempo de lecer:
            -1º e 2º ESO: "torneo de Brilet" na pista polideportiva do centro.
            -3º, 3º PMAR e 4º ESO: "torneo de Voleibol" no ximnasio do centro.
            -1º e 2º BAC: "torneo de tenis de Mesa"
 
                 
 
Martes 24:
Saída de ocio saudable co alumnado de 1º BAC e 4º ESO (Premio do centro a aula mellor coidada do curso 18/19) ao parque de aventura de Viveiro, Roq Park.
Os percorridos adaptaránse á destreza do usuario, polo que a duración dependerá de cada persoa, que deberá ir salvando os obstáculos cunha línea de vida dende o principio ao final do itinerario.
 
 
 
Mércores 25:
Saída de ocio saudable co alumnado de 2º BAC  ao Urban Planet de Narón, casa dos trampolins e camas elásticas.
 
 
Xoves 26:
Durante o tempo de lecer:
            -1º e 2º ESO:
            "Torneo de Brilet" na pista polideportiva do centro.
            "Torneo de tenis de Mesa"
 
            -3º, 3º PMAR e 4º ESO:
            "Torneo de Brilet" na pista polideportiva do centro.
 
            -1º e 2º BAC:
            "Torneo de Brilet" na pista polideportiva do centro.
            "Torneo de Voleibol" no ximnasio do centro.
 
               
 
Venres 27:
 
-3ª hora da mañá (10.10h a 11.00h): 50 minutos
            -Actividade expresivo-artística, hashtag corporais con acrosport:
            (1ºESO) #BeActive, (2º ESO) #somosactivos 
            -Torneo de "Baloncesto" 1º e 2º ESO.
              RESULTADOS:  CAMPIÓN:1ºA
                                    SUBCAMPIÓN:2ºB
 
-Tempo de lecer (11.00h a 11.30h): 30 minutos
            -Exposición de carteis na pista polideportiva todo o alumnado do IES:
            #BeActive, #somosactivos, #GaliciaSaudable
 
 
            -Finais do "torneo de Brilet" entre 1º,2º,3º e 4º ESO; 1º e 2º BAC.
              RESULTADOS: CAMPIÓN: 2º BAC
                                   SUBCAMPIÓN:1º ESO A
 
-4ª hora da mañá (11.30h a 12.20h): 50 minutos
            -Actividade expresivo-artística, hashtag corporais con acrosport:
            (3º ESO) #BeActive,  (4ºESO, 1º e 2º BAC) #GaliciaSaudable



            -Finais do "torneo de Voleibol" entre 3º, 4º ESO; 1º e 2º BAC.
              RESULTADOS:  CAMPIÓN: 2º BAC
                                     SUBCAMPIÓN: 3º ESO
 

FOTOS DE 120 MINUTOS DE ACTIVIDADE FÍSICA:  https://photos.app.goo.gl/C9mVQWY6hudq55P4A

 
#BeActive #Somosactivos #Galiciasaudable  

 

( categories: )