Skip to Content

LISTAXES ADMITIDOS FP BASICA

Achegamos listaxes de admitidos FP básica para as especialidades de Electricidade e Electrónica e Cociña e Restauración. Asemade achegamos listaxe de reserva para a especialidade de Cociña e Restauración.

16 SETEMBRO: FESTIVO LOCAL EN ARTEIXO

Este ano o 16 de setembro será festivo local en Arteixo. Por este motivo o comezo das clases será a partires do día 17. Nos vindeiros días publicaranse as datas de inicio de cada grupo e mesmo os horarios.

PROBAS LIBRES FP CURSO 2019/2020

Achegamos programación e datas para a realización das probas libres para os ciclos formativos.

As datas son as que seguen:

- Mércores 9 as 10:00: Xornada de acollemento

- Mércores 9 as 11:00: Proba teórica (2 horas)

- Xoves 10 as 11:00: Proba práctica (2 horas)

A realización destas probas terá lugar no IES de Sabón, no edificio principal. Entrada pola porta traseira.

COMEZO DAS CLASES

A consellería publicou na data de hoxe 1 de Setembro, a resolución pola que se establece a incorporación as aulas para o comezo escalonado das clases presenciais para os distintos niveis escolares.

O resumo destas datas para as ensinazas secundarias que afectan ao noso centro son as que seguen:

16 de setembro: 1º de Bacharelato, 1º dos ciclos medios, 1º dos ciclos superiores.

17 de setembro: 2º de Bacharelato, 2º dos ciclos medios, 2º dos ciclos superiores.

18 de setembro: Todos os cursos da FP básica.

 

EXAMES SETEMBRO 19-20

Achegamos ligazón ca distribución das aulas para os exames de setembro.

A realización dos exames será de xeito presencial, non telemático.

Lembramos que os exames serán no edificio principal do IES de Sabón. Non se farán exames no CF.

Distribuir contido


by Dr. Radut