Skip to Content

CAMBIO TEMPORAL A DOCENCIA SEMIPRESENCIAL

Dada a tramitación de distintos expedientes Covid no centro, un dos grupos de Bacharelato empregará a modalidade de docencia semipresencial polo período que se estableza necesario, segundo o contemplado no Plan de Continxencia aprobado polo centro. Dita información foi comunicada directamente ao alumnado/familias afectadas por dita circunstancia. Durante este período o alumnado seguirá a súa formación pola Aula Virtual, videoconferencia ou ferramentas complementarias a empregar polos docentes, conectados no horario habitual do grupo.

MARTES 13 DE OUTUBRO DIA NON LECTIVO

O vindeiro martes día 13 de outubro é día non lectivo do centro, polo que non haberá clases.

HORARIOS DE PRESENTACIÓN

Achegamos os horarios de presentación dos diferentes cursos.

Aconsellamos revisar o anexo VI, onde aparecen os planos do centro para a localización das aulas.

Recórdase a necesidade e a importancia de respectar as indicacións do persoal, así como os fluxos de circulación e distancias de seguridade.

ADIAMENTO DO COMEZO DAS CLASES DE CICLOS E BACHARELATO

Según anunciou a consellería, o comezo das clases adíase o día 23, 24 e 25 de Setembro, seguindo a mesma estrutura que a prevista con anterioridade.

Esta estrutura é:

23 de setembro: 1º de Bacharelato, 1º dos ciclos medios, 1º dos ciclos superiores.

24 de setembro: 2º de Bacharelato, 2º dos ciclos medios, 2º dos ciclos superiores.

 

25 de setembro: Todos os cursos da FP básica.

Máis información --> https://www.edu.xunta.gal/portal/node/31889

 

LISTAXES ADMITIDOS FP BASICA

Achegamos listaxes de admitidos FP básica para as especialidades de Electricidade e Electrónica e Cociña e Restauración. Asemade achegamos listaxe de reserva para a especialidade de Cociña e Restauración.

Distribuir contido


by Dr. Radut