Skip to Content

COMEZO DAS CLASES

A consellería publicou na data de hoxe 1 de Setembro, a resolución pola que se establece a incorporación as aulas para o comezo escalonado das clases presenciais para os distintos niveis escolares.

O resumo destas datas para as ensinazas secundarias que afectan ao noso centro son as que seguen:

16 de setembro: 1º de Bacharelato, 1º dos ciclos medios, 1º dos ciclos superiores.

17 de setembro: 2º de Bacharelato, 2º dos ciclos medios, 2º dos ciclos superiores.

18 de setembro: Todos os cursos da FP básica.

 

Para máis información, na ligazón podense ver as nomeadas instrucións.

 

Prégase estar pendentes da páxina do centro para futuras informacións.



blog | by Dr. Radut