Teléfono
 
881 938200

Correo electrónico
 
ies.mugardos@edu.xunta.gal

Enderezo
 
Rúa do Cristo s/n

  15620 Mugardos (A Coruña)

 

                  

PLATAFORMAS E AULAS VIRTUAIS
        EDIXGAL MOODLE ABALAR  
           
  RADIO  REDES   VIDEOCONFERENCIA 
 

   

        

Bacharelato

No IES de Mugardos impártense dúas modalidades de bacharelato:

  •  Ciencia e tecnoloxía
  •  Humanidades e ciencias sociais

Poderase permanecer cursando bacharelato un máximo de catro cursos académicos.

Rematado o bacharelato, en calquera das súas modalidades, obtense o título de  bacharelato. Para obter este título é necesaria a avaliación positiva en todas as materias e nos dous cursos correspondentes á modalidade elixida.

O título permite, sempre que se cumpran os requisitos administrativos esixidos, o acceso ao ensino superior tras superar unha proba que, xunto coas cualificacións obtidas, valorará a madurez académica e os coñecementos adquiridos, así como a capacidade para seguir con éxito os estudos universitarios. O título de bacharelato habilita tamén para incorporarse á formación profesional de grao superior.

Lexislación:

  • Corrección de erros do Real decreto 1467/2007, do 2 de novembro  por que se establece a estrutura do bacharelato e fíxanse as súas ensinanzas mínimas. 
  • Real decreto 242/2009, do 27 de febreiro , por que se establecen validacións entre as ensinanzas profesionais de Música e de Danza e a Educación secundaria obrigatoria e o Bacharelato, así como os efectos que sobre a materia de Educación física deben ter a condición de deportista de alto nivel ou alto rendemento e as ensinanzas profesionais de Danza.      
  • Orde EDU/2395/2009, do 9 de setembro , por que se regula a promoción dun curso incompleto do sistema educativo definido pola Lei Orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo, a outro da Lei Orgánica 2/2006, do 3 de maio, de Educación.

Ministerio de Educación