FAMILIAS - ANPA O Castro
|
Carreira de Orientación (Xogo de pistas)
FEBREIRO E MARZO
CARREIRAS DE ORIENTACIÓN. A VARIANTE DOS XOGOS DE PISTAS
Dende 1º bacharelato e aproveitando a unidade didáctica de orientación o alumnado en grupos creou carreiras de orientación clásicas e variantes delas como son os xogos de orientación.
Aínda que non deu tempo a organizar xogos especiais como o “bingo orientación”, “score 100” ou “a búsquea do tesouro”, si que se puideron organizar xogos de pistas.
Deste xeito o alumnado creou unha batería de preguntas con 4 opcións de resposta e colocounas nas diferentes balizas que distribuíron pola contorna. A actividade consistiu en facer o percorrido en orde contestando correctamente ás pistas de cada baliza.
En cada baliza existía unha pregunta con 4 opcións e só 1 delas era correcta. Unha vez elexías a opción volteabas a baliza a atopabas o destino a camiñar onde estaba a seguinte baliza. Se a resposta era incorrecta o destino marcado pola baliza era incorrecto, é dicir, non atopabas ningunha baliza e tiñas que volver á anterior e contestar de novo a pregunta. Así ata contestar ben e atopar a seguinte baliza.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
9 carreiraa.jpg | 107.38 KB |
9 carreira.jpg | 131.64 KB |