Unha vez finalizado o prazo de reserva de praza para centros adscritos, notificamos que todo o alumnado que fixo reserva para 1º ESO ten praza concedida no noso centro. Benvidos e benvidas
Inicíase o proceso de solicitude praza para alumnado que cambia de centro ou non procede de centro adscrito. As datas deste proceso son do 1 ao 20 de marzo.
Convocadas axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2023, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos
Orde do 18 de xaneiro de 2023 pola que se convocan axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2023, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos, escolarizado nos cursos 2021/22 e/ou 2022/23, en réxime de concorrencia competitiva (código de procedemento ED504B).
O prazo para a presentación de solicitudes será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.
A información sobre este programa, así como a aplicación "en liña" que se refire na convocatoria, atoparase na páxina web https://www.edu.xunta.gal/axudasle.
Queremos felicitar as nosas alumnas de 4º ESO B Alexandra, Mariama, Estela, Noa, Paula e Ana polo premio conseguido no concurso da Dirección Xeral de Comercio e Consumo I-Comercio: idea o teu comercio|.
Do mesmo xeito queremos felicitar ao seu profesor de Economía Felipe Rodríguez polo seu traballo co alumnado neste concurso. Moitos parabéns a todas
Achegamos o plan da excursión a Barcelona. Este plan pode ter variacións. Probablemente o hotel escollido sexa o de Comarruga por situación e prezo, pero non está totalmente decidido.
Queremos notificar que o venres 28 de outubro, ás 12:10 horas, celebrarase o sorteo público para designar os membros da xunta electoral para as eleccións ao Consello Escolar do centro. Teremos que sortear (titular e suplente) un profesor/a, un pai/nai ou titor/a legal, un membro de PAS e un/unha alumno/a. Un saúdo
lLmbramos ao alumnado que é usuario de transporte escolar que no punto 3 do novo protocolo covid publicado hoxe no portal da Consellería dise que:
"3. Uso de máscara A máscara utilizarase no transporte escolar de acordo ao previsto con para o transporte con carácter xeral." Polo tanto o alumnado deberá levar en todo momento máscara no transporte escolar."
Dédese ter en conta que o condutor/a podería negarse a deixar subir ao autobús ao alumnado sen máscara
Axudas municipais de libros, material escolar e comedor para alumnos/as de centros docentes públicos e privados concertados de educación infantil (2ª etapa),
Educación primaria e secundaria axudas para comedor