Skip to Content

Educación Física

Sendeirismo no parque municipal

Aproveitando estes fermosos días de (case)verán, fomos a facer uns pequenos roteiros polo parque. Cos alumnos de 1º, 2º e 3º nas súas respectivas horas de Educación Física. Foi unha xornada diferente e entretida, aprendendo os diferentes símbolos de sendeirismo, e facendo deporte de forma suave, pero suamos a pinga gorda!

Charla da Cruz Vermella: A cadea de supervivencia

O día 23 de maio, os alumnos/as de bacharelato tiveron a oportunidade de aprender un pouco sobre primeiros auxilios da man de técnic@s da Cruz Vermella do Carballiño. Foi unha sesión moi divertida e práctica, onde puidemos aprender os pasos a seguir ante un accidente: a cadea de supervivencia. Ao ser unha charla eminentemente práctica, quedounos gravado na memoria o protocolo. É un contido moi importante que poderíanos ser moi útil, tanto que seríamos quen de salvar vidas. Case nada! 

Campionato galego de Orientación en Barbantes (Cenlle)

Marabillosa xornada de sábado 4 de Maio, na área termal de Barbantes. Tivemos de novo a sorte de que dez rapaces do noso IES quedaran clasificados para un campionato GALEGO! Esta vez tiveron que orientarse nun mapa de bosque, algo máis complicado que nunha vila, pero moi ben feito por todos eles, que competindo contra rapaces federados neste deporte de orientación, fixeron moi bo papel e, sobre todo pasárono estupendamente. Desfrutando ao final tamén do baño nas termas.

Estupenda experiencia! Un fermoso deporte na natureza.

Distribuir contido

                    

 



by Dr. Radut