Skip to Content

Educación Física

Diario de actividade física

Aquí vos deixo algunhas das actividades que o alumnado está a facer durante a cuarentene. Todas elas están incluidas na actividade do "Diario de actividade física" que teñen que facer. Esta tarefa consiste en tomar nota de tódalas actividades físicas que van realizando a diaio, e entregalo caada venres. 

A continuación adxuto os circuitos de condición física que lle propusen ao alumnado para manterse en forma durante a cuarentena. Polo de agora a participación está sendo moi boa, esperemos que sigua así.

ÁNIMO A TODOS/AS.

Actividade voluntaria de orientación.

Bos días.

Este mércores vai ter lugar unha actividade de Orientación de precisión organizada pola Sección de orientación de Trevinca. É unha actividade aberta, gratuita  e online na que podedes participar todos/as.

Non fai falta inscribirse, tan so abrir o formulario o mércores 20 de maio as  16h. Se trata de identificar a baliza correcta nunhas fotos. Toda a información (boletín, información, vídes, etc…) estará na páxina web de Trevinca (https://clubtrevincabarco.org/club/orientacion-de-precision-en-ourense-20-05-2020/).

Animádevos a participar, e se o facedes facédemo saber porque o terei en conta.

Un saúdo.

Adaptación da programación didáctica de Educación física.

No seguinte PDF se atopan as adaptación producidas na Programación orixinal de educación física para o curso 2019-2020, dirixidas a dar resposta a situación excepcional na que nos atopamos debido ao COVID-19. Estas modificacións céntranse nos apartados de metodoloxía, actividades a desenvolver, avaliación e calificación, e explican como se vai a desenvolver o final de curso na materia de educación física.

Distribuir contido

                    

 



by Dr. Radut