Este ano, dentro do proxecto deportivo de centro, propuxémonos como obxectivo a avaliación da condición física do noso alumnado, para comparala cunha mostra dos centros de toda Galica e poder planificar o traballo de Educación Física e deportiva conforme a aquelas capacidades físicas que estean nun nivel máis baixo. Os resultados foron bos, resultando prácticamente iguais ca no resto de alumnado galego da súa idade, agás na flexibilidade, onde andamos un pouco máis pobres, así que a traballala! Con respecto á velocidade os nosos alumnos e alumnas están por encima da media da súa idade, andamos a fume de carozo! Non hai apenas alumnos/as con sobrepeso no noso centro.