Skip to Content

Primeiro Trimestre 2022-2023

26/09/2022 INICIACIÓN E PERFECCIONAMENTO AO SURF

Bonita xornada de SURF a que tivemos nas praias de Esmelle, e O Vilar co alumnado de 1º, 2º, 3º e 4º de ESO. Orgullosos dos nosos nenos e nenas que aproveitaron o día gozando deste fermoso deporte. En Xuño volveremos!!  

 

30/09/2022 VISITA AO PARQUE FERVENZAVENTURA (SILLEDA)

 

3/10/2022 XORNADAS DE INTRODUCCIÓN AO RUGBY

Esta semana, estivo con nos Carla da Silva, adestradora do Club de Rugby Fendetestas e Joel Carballeira. Levaron a cabo unhas  divertidas sesións de  promoción  e introdución ao RUGBY  para todos os crusos da ESO.

Grazas Carla e Joel!! Foi un provilexio contar con vos e descubrir un pouqiño mellor os segredos que encerra este fermoso deporte.

                                  

11/10/2022 MASTER CLASS DE ZUMBA

Neste día, todo o alumnado de ESO participou nunha MASTER CLASS DE ZUMBA impartida por Lucía Lombardía do cenrtro deportivo Danceo de Vegadeo.

 

18-19/10/2022 CHARLA SENSIBILIZACIÓN DOAZÓN MÉDULA ÓSEA

Esta semana rematamos no IES Plurilingüe Castro da Uz, as charlas de sensibilización sobre #doazóndemédulaósea impartidas por membros de #Asotrame e coa colaboración do Concellos das Pontes. Da man de David Vivar e María Filgueira, o alumnado de 3º e 4º de ESO,  dos ciclos de Informática, Administración e Finanzas Mantemento Electrónico e Aplicacións Web, descubriron entre outras cuestións os pasos que teñen que dar os potenciais donantes (calquera persoa entre 18 e 40 anos co boa saúde) para inscribirse en el #REDMO

A mensaxe qedou claro: #donaméduladonavida

20/10/2022 RONDA INFORMATIVA ASOCIACIÓN ALCER (LOITA CONTRA AS ENFERMIDADES DE RIL)

26-27/10/2022 OBRADOIROS PREVENCIÓN VIOLENCIA DE XÉNERO

27/10/2022 VISITA Á FERIA DE EMPRENDEMENTO EDUGAL

28/10/2022 FALADOIRO COA ESCRITORA MARILAR ALEIXANDER

Neste día tivemos o grande privilexio de ter no IES Plurilingüe Castro da Uz a prezada escritora MARILAR ALEIXANDRE que vén de gañar o Premio Nacional de Narrativa de 2022 pola súa obra As malas mulleres. Deleitounos cun interesante faladoiro, enchendo a biblioteca do noso centro de cultura e emoción. Grazas á entrañable conversa que mantivo co noso alumnado puidemos descubrir os segredos que agochan as novelas A banda sen futuro e A filla do Minotauro, lecturas que forman parte da programación de Lingua Galega para este curso.

 

 

28/10/2022 FESTA DE MAGOSTO E SAMAÍN

Neste día celebramos a tradicional Festa do Magosto e Samaín!!!

Tivemos concursos variados: Relatos de terror, cabazas decoradas e pratos terroríficos!!! Éxito na participación e aínda por riba variedade e calidade....

Ademais contamos coa colaboración de ANPA Ronsel para preparar un bo magosto con bolos preñados, bebidas e por suposto ricas castañas asadas nun carriño traído para a ocasión.

                        

                             

4/11/2022 CONTACONTOS EN FRANCÉS

Esta semana recibimos no centro a visita de Samuel Mountoumnjou, un “conteur”, o contacontos camerunés que nos recorda a importancia de ser moderados, “Le chasseur et ses trois enfants”; as consecuencias da mentira, “Les conséquences du mensonge”, e o bo e o malo da vida en común, “Le vivre ensemble”.

“CONTE AVEC MOI” (“CONTA CONMIGO”) é un proxecto educativo enfocado no conto, que pretende fomentar a comunicación oral en francés, mediante a interacción oral, e que busca entre outras cosas, desbloquear inhibicións e complexos, fomentar a escoita activa e estimular a imaxinación e a creatividade literaria.

Merci Samuel d’être venu!!!

  

                                           

8/11/2022 VISITA EMPRESA HUSO RENOVABLES

O noso alumnado de Ciclo de Mantemento Electrónico e FP Básica de Informática e Automoción, visitou a empresa HUSO RENOVABLES. Previamente realizaron un percorrido polo Polígono Industrial de Penapurreira para coñecer o tecido empresarial e industrial do municipio, e visitaron o Centro de Dinamización Empresarial SEARA, onde se lles ensinou a incubadora de empresas e os coworking.

Dita actividade  foi posible grazas ao @concellodaspontes que  nos permitiu  participar no Programa de Emprendemento MOTÍVATE co obxectivo de achegar á rapazada ao mundo empresarial e á cultura emprendedora.

Agradecemos a implicación de Erika Sanz do concello e Carolina García de Seara,  que facilitaron ao noso alumnado acercarse e coñecer de primeira man o entorno empresarial das Pontes.

 

10/11/2022 VISITA AO II ENCONTRO GALEGO DE CIBERSEGURIDADE CIBER-gal.

O noso alumnado dos ciclos de Informática (SMR, DAW e FP Básica) asistiu ao II Encontro Galego de Ciberseguridade CIBER.gal. que tivo lugar na cidade da Cultura de Santiago de Compostela. Completaron a xornada cunha visita guiada polas cubertas da catedral.

10/11/2022 CHARLA VOLUNTARIADO CRUZ ROJA

15/11/2022 VISITA PROMETAL TECNOLOXÍA E INNOVACIÓN

Onte retomamos as visitas do programa de Emprendemento Motívate proposto polo Concello das Pontes de García Rodríguez. Nesta ocasión foi o alumnado dos Ciclos Electromecánica de Vehículos Automóbiles e Soldadura os que visitaron o Centro de Dinamización Asociación de Empresarios SEARA  e posteriormente a empresa PROMETAL TECNOLOXÍA E INNOVACIÓN.

Grazas Erika Sanz, Xosé Castro e Carolina García polo voso esforzo e interese en achegar á nosa xuventude á cultura emprendedora e ao tecido empresarial da nosa contorna.

  

  
 
18/11/2022 INAUGURACIÓN AULA EMPRENDEMENTO
 
Ao IES Plurilingüe Castro da Uz, concedéronlle recentemente a creación dunha aula de emprendemento, outorgada pola Consellería de Cultura, Educación e Universidade tras presentar un proxecto que ten como fin sensibilizar ao alumnado no emprendemento, tanto empresarial como social, sostible e colaborativo. Dito proxecto, que está enmarcado na Rede Eduemprende da Xunta pretende establecer unha estratexia para impulsar as habilidades emprendedoras imprescindibles no novo marco socioeconómico cara ao que se encamiña a nosa economía.

Onte, celebramos un pequeno acto de inauguración da mesma cunha charla – coloquio: “O Fomento da Cultura Emprendedora da nosa Contorna”, moderada pola profesora Mercedes Argibay, que coordina dita Aula  de Emprendemento e imparte a materia de Empresa e Iniciativa Emprendedora nos Ciclos Formativos.

Foi un privilexio poder contar coa asistencia de diferentes personalidades do concello das Pontes como Antonio Alonso, Tenente de Alcalde;Tania Pardo, Concelleira da Área de Benestar Social e Igualdade; Lorena Tenreiro, Concelleira de Organización Interna e Medios Locais; Ana Pena, Concelleira da Área de Recursos Humanos, Industria e Emprego e Erika Sanz, Técnica de emprego local.

Tamén estiveron presentes mostrándonos  o seu apoio José Castro e  Carolina García, Presidente e Xerente respectivamente, da Asociación de Empresarios Seara.

Dende a Consellería asistiron Carmen e Patricia Asesoras de Emprendemento no sistema educativo e dende Cohempo contamos coa  súa Presidenta, Montse Gastelu.

Do noso centro destacamos a inestimable labor deÓscar Pita Corral, Dinamizador da relación con empresas na FP, e de José A. López e Ana Veloso,  Director e Secretaria do centro,  así como  a colaboración de Cristina Díaz xefa do departamento de Informática.

Entre todos traballaremos para sacar adiante este proxecto e conseguir inculcar o traballo en equipo e o espírito emprendedor no noso alumnado!!!

 

21/11/2022 CONCURSO DE FOTOGRAFÍA CASTRO DA UZ 2022

Desde o 29 de novembro ao 9 de decembro podes presentar as túas fotografías a este concurso. As mellores serán seleccionadas para o calendario de 2023 que publicará o instituto e levarán premios ainda por concretar.

Anímate, podes presentar dúas fotografias!! 

A temática das fotografías será:"VIVIR EN TOLERANCIA". Poden ser fotos reais ou montaxes, en cor ou branco e negro, preferiblemente en formato apaisado, e valorarase a orixinalidade, a fiel representación da tolerancia e a calidade artística da fotografía. Podes ver máis abaixo os requisitos das fotografías a presentar.

O concurso está aberto a alumnado, profesorado e persoal non docente.

 

mais información pinchando aquí

22/11/2022 VISITA PRADO VENTURA- PROGRAMA MOTÍVATE

O noso alumnado de 2º de ESO visitou a empresa HÍPICA PRADO VENTURA e posteriormente o Centro de Dinamización Asociación de Empresarios SEARA.  Dita actividade foi posible grazas á Asociación de Empreasarios Seara e ao concello das pontes que nos permitiron  participar no Proxecto MOTÍVATE co obxectivo de achegar á rapazada ao mundo empresarial e á cultura emprendedora.

Agradecemos a implicación de Erika Sanz do concello, Xosé Castro e Carolina García de SEARA e de Noa de Prado Ventura, que facilitaron ao noso alumnado acercarse e coñecer de primeira  man o entorno empresarial das Pontes.

 

24-28/11/2022 CHARLAS PLAN DIRECTOR - ACOSO ESCOLAR

25/11/ 2022 VISITA Á EXPOSICIÓN "CARTAS DE AMOR"

No marco das actividades do 25N, varios grupos do noso alumnado gozaron coa exposición de cadros Cartas de Amor que o concello das pontes depositou no IES Moncho Valcarce para ser visitada por toda a comunidade educativa da contorna.

Trátase dunha mostra do cómic galego sobre violencia de xénero, con debuxos de artistas de fama como Miguel Calatayud, Patricia Castelao, Fausto Isorna, Pirusca, José Luís Méndez, Jack Mircala o Javier Olivares. A exposición pretende sensibilizar á xuventude sobre a existencia de violencia nas súas formas de relacionarse, axudar a detectala e polo tanto a eliminala.

15/12/2022 VISITA Á EMPRESA TELEVES

Neste día  os nosos alumnos e profesores do Ciclo Superior de Mantemento Electrónico realizaron unha visita á empresa TELEVES.

Televes é unha empresa tecnolóxica global líder no deseño, desenvolvemento e fabricación de solucións para infraestruturas de telecomunicacións en vivendas, edificios e cidades.

A súa sede central está situada en Santiago de Compostela, onde se fundou a empresa en 1958. Actualmente, Televes é a cabeza dunha corporación que conta con máis de 20 empresas industriais e de servizos, máis de 700 empregados e 75 patentes de invención.

 

 

19/12/2022 ABRAHAM CUPEIRO

                                                                 

 20/12/2022 VISITA Á TVG E MUSEO DO POBO GALEGO

Esta semana o noso alumando de 4º de ESO acompañados polas profesoras María Alvariño e Rebeca Gómez puideron gozar dunha emocionante visita á @crtvg. Tiveron o privilexio de participar en vivo no programa Galicia por Diante @GxDRadioGalega onde comprobamos que apuntan a grandes estrelas da radio!

A continuación dirixíronse ao Museo do Pobo Galego e ao Panteón de Galegos Ilustres!!!

 

21/12/2022 VISITA AO CENTRAD E EL PROGRESO

O noso alumnado e profesorado de 3º de ESO tivo o pracer de visitar o Centro de Artesanía e Deseño de Lugo (CENTRAD) onde puideron contemplar unha ampla exposición de olerías e instrumentos musicais antigos.

Aproveitaron a viaxe para coñecer de primeira ma o xornal El Progreso que o vindeiro ano cumprirá 115 anos (1908-2023)

22/12/2022 FESTA NADAL

 

22/12/2022 FELICES FESTAS

No nome de todo o equipo profesional do IES Plurilingüe Castro da Uz desexámosvos unhas Boas Festas!!!.  Unha aperta e moita saúde!!!

Vémonos o vindeiro luns, 9 de xaneiro de 2023.

 

 



page | by Dr. Radut