Skip to Content

Primeiro trimestre 2021-2022

21/12/2021 CELEBRACIÓN NADAL

Para despedir o primeiro trimestre contamos coa colaboración de Anpa RONSEL que nos agasallou cun chocolate quentiñoacompañado dunha bolsa con churros rcién elaborados.

          

      

18/12/2021 ROTEIRO POLAS FRAGAS DO EUME- PROGRAMA DE FOTOTRAMPEO CEIDA

O noso alumnado de 3º de ESO participou nunha saída ao espazo natural protexido das Fragas do Eume proposta polo Departamento de Xeografía e Historia, e organizada polo CEIDA (Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia).

Nela, os rapaces formaron parte dun programa de FOTOTRAMPEO e coñeceron metodoloxías de mostraxe non invasiva, e aprenderon a  identificar rastros de animais, de cara á súa aplicación en Estudos de Impacto Ambiental, Xestión de Especies, etc.

Abordáronse contidos eminentemente prácticos como a elaboración de trampas de pelo e pegadas e a  instalacióne revisión de estacións de fototrampeo.

      

      

14/12/2021 CHARLA PLAN DIRECTOR- ACOSO ESCOLAR

                                    

13/12/2021 CHARLA PLAN DIRECTOR -RISCOS DE INTERNET

              

13/12/2021 CHARLA AESLEME (ASOCIACIÓN PARA EL ESTUDIO DE LESIÓN MEDULAR ESPINAL)

Hoxe, Daniel Prada, membro da asociación AESLEME explicou ao alumnado de FP Básica e Ciclo de Electromecánica e Vehículos Automóbiles o que son as lesións medulares, os accidentes que as causan con máis frecuencia e as recomendacións para a súa prevención.

Unha charla clara, educativa e impactante dentro da campaña ¡TE PUEDE PASAR A TI!. Confiamos que lles chegara a mensaxe e eviten riscos especialmente en piscinas e vehículos.

Agradecemos a presenza á Asociación de Lesionados Medulares no Instituto e a preparación dest a  actividade.

                                                                                    

                                             

 

10/12/2021 OBRADOIRO DELITOS CONTRA A LIBERDADE SEXUAL-CIBERDELITOS

O concello das Pontes ofreceunos a posibilidade de participar nun Obradoiro realmente interesante da man de Mª Jesús Bóo Montes de Red Talento Consultoras.

A poñente proporcionounos información actualizada e novidosa sobre DELITOS CONTRA A LIBERDADE SEXUAL e CIBERDELITOS DE NATUREZA SEXUAL. Xerou un interesante debate sobre como na actualidade non concibimos a vida sen internet, pero a rede non ten portas e os delitos tamén se adaptaron a tecnoloxía.

O ciberespazo pode ser perigoso e aclarounos termos como: Sexting, Stalking, Grooming, Ciberbullyng, Happy Slapping....

 Moi recomendábel!!

                         

              

9/12/2021 CHARLA FORZAS ARMADAS

Despois duns días de descanso, comezamos esta semana curtiña cunha interesante charla das Forzas Armadas

                              

 

3/12/2021 CHARLA PLAN DIRECTOR: "PREVENCIÓN ALCOHOL E DROGAS"

Apostamos sempre por un entorno seguro, por un centro seguro!!!!! O alumnado de FP Básica de Automoción e Informática asistiu a unha interesante charla temática do Plan Director da Garda Civil sobre PREVENCIÓN DE ALCOHOL E DROGAS.

                             

29/11/2021 CONCURSO DE FOTOGRAFÍA CASTRO DA UZ 2021

Desde o 29 de novembro ao 9 de decembro podes presentar as túas fotografías a este concurso. As mellores serán seleccionadas para o calendario de 2022 que publicará o instituto e levarán premios ainda por concretar.

Anímate, podes presentar dúas fotografias!! 

A temática das fotografías será: "OFICIOS TRADICIONAIS". Poden ser fotos reais ou montaxes, en cor ou branco e negro, preferiblemente en formato apaisado, e valorarase a orixinalidade, a fiel representación dos oficicios tradicionais e a calidade artística da fotografía. Podes ver máis abaixo os requisitos das fotografías a presentar.

O concurso está aberto a alumnado, profesorado e persoal non docente.

mais información pinchando aquí

VEREDICTO DO XURADO

Os xurados (un composto por dúas profesoras e dous profesores para elixir as mellores fotos de alumnos/as e outro formado por dous alumnos/as para elixir as mellores fotos de profesores/PND) acordaron o seguinte:

1º Posto-  Fotos de Alumnado: Celia Alvariño Sierra 4º ESO - Gaiteiro dos de antes.

2º Posto - Fotos de Alumnado: Aitana Cazás Sanz. 1º ESO - Avó Torneiro

3º Posto compartido - Fotos de Alumnado: Mateo Meizoso Pico. 2º ESO - Mans de Ouro e Paula Rodríguez Fornos 2º ESO - Costureira Tradicional.

       

25/11/2021 DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

O Castro da Uz tínguese de negro e morado e di NON á Violencia de Xénero.

Toda a comunidade educativa concentrouse no pavillón e dous nenos e dúas nenas leron poemas de diferentes autoras entre as que se atopaba Xela Arias.

Ademais unha representación do alumnado de 4º de ESO participou no encontro que tivo lugar no concello e no que se rexeitaba de novo esta lacra da nosa sociedade.

Todo o alumnado de ESO foi agasallado polo concello das Pontes cunha fermosa cunca reivindicativa. Grazas pola vosa implicación!!

 Loita Pola Igualdade.

     

   

                           

22/11/2021 DÍA DA MÚSICA - SANTA ICÍA

TODO É MÚSICA

No día da música, Santa Icía, o noso alumnado de 2º de ESO elaborou os seus propios instrumentos de PERCUSIÓN con material de refugallo.

Orixinalidade e Creatividade!!

     

         

15/11/2021 TEATRO AFRICANO CAMERUNÉS: L'AFRIQUÉ CONTEE

De novo recibimos esta semana a visita de Samuel Mountoumnjou, un “conteur”, o contacontos camerunés que nos recorda a importancia de ser moderados, “Le chasseur et ses trois enfants”; as consecuencias da mentira, “Les conséquences du mensonge”, e o bo e o malo da vida en común, “Le vivre ensemble”.

“CONTE AVEC MOI” (“CONTA CONMIGO”) é un proxecto educativo enfocado no conto, que pretende fomentar a comunicación oral en francés, mediante a interacción oral, e que busca entre outras cosas, desbloquear inhibicións e complexos, fomentar a escoita activa e estimular a imaxinación e a creatividade literaria.

 Merci Samuel d’être venu!!!

                      

11/11/2021 SAÍDA A RIO CUBERTO

O noso alumnado de 1º de ESO realizou un divertido Roteiro polo Río Belelle entre os lugares de Cabalar e Formariz que incluíu tamén a visita ao lugar de RÍO CUBERTO no concello da Capela.

Pasárono moi ben!!! Aquí vos deixamos algunhas fotos dos fermosos paisaxes dos que puideron gozar.

10/11/2021 PROXECTO INNOVACIÓN FP

No IES Lois Peña Novo de Villalba, tivo lugar o acto de presentación do proxecto Fuell Cell H2. Trátase dun proxecto de innovación no ámbito da FP coordinado polo centro vilalabés no que tamén participa o Departamento de Automoción do IES Castro da Uz. Oobxectivo desta iniciativa é crear unha unidade didáctica onde poder achegar ao alumnado os coñecememtos sobre o funcionamento dos vehículos de pila combustible Fuell Cell.

9/11/2021 SAÍDA A FERVENZA E MUIÑOS DE BELELLE

O noso alumnado de 4º de ESO, realizou unha bonita Andaina polo río Belelle e visita á Fervenza e os Muíños de Neda e ó pazo de Isabel II proposta polo departamento de Xeografía e Historia.

Esta ruta tivo como obxectivo desenvolver sobre o territorio o estudado na aula tanto nos apartados de historia como de xeografía, sendo especialmente importante o referido ao aproveitamento artesanal dos recursos no período preindustrial.

Preciosos paisaxes!!!!

 

8-9/11/2021 CHARLAS IGUALDADE

No noso centro apostamos, traballamos e loitamos cada día pola IGUALDADE de Xénero.

O noso alumnado de FP BÁSICA e de 3º de ESO asistiu a un Obradoiro de Igualdade organizado por Abrente coa temática de “Sensibilización sobre estereotipos”. Moi produtivo!! 

 

29/10/2021 SAMAÍN

Que ben o pasamos!!  Samaín e magosto da man!!

Tivemos concursos variados: Relatos de terror, cabazas decoradas e pratos terroríficos!!! Éxito na  participación e aínda por riba variedade e calidade....

Ademais contamos coa colaboración de ANPA Ronsel para preparar un bo magosto con bolos preñados, bebidas e por suposto ricas castañas asadas nun carriño traído para a ocasión.

           

              

            

 

7/10/2021 INICIACIÓN E PERFECCIONAMENTO AO SURF

Marabillosa xornada de SURF a que tivemos na praia de Chanteiro co alumnado de 1º, 2º, 3º e 4º de ESO. Orgullosos dos nosos nenos e nenas que aproveitaron o día gozando deste fermoso deporte. En Xuño repetimos!!  

 

 

29/09/2021 OBRADOIRO: "TI SI QUE ES UN BO PEIXE"

Todo o alumnado de 1º e 2º de ESO participou nunha excursión virtual incluída dentro do programa TI SI QUE ES UN BO PEIXE!! da Consellería do Mar

Nesta actividade que é complementaria ao Plan Proxecta de Hábitos de Vida Saudables  familiarizáronse  co mundo do MAR coas seguintes actividades:

-    Visionado dun vídeo con gafas 3D

-    O marisqueo/Recoñecementos dos bivalvos expostos. Coa axuda de calibres aprenderon a medir o tamaño mínimo das diferentes especies e a importancia de cumprilo e respectalo.

-    Coñeceron as diferentes artes de pesca, e empregando unha lona dun fondo mariño descubriron o hábitat de cada especie .

-    Recoñeceron a frescura dun peixe e simularon unha poxa...

      Para rematar tiveron unha pequena explicación das propiedades nutricionais do peixe, e se lle entregou a cada neno/a unha bolsiña co preparacións realizadas a base de peixe.

 

20/09/2021 XORNADAS DE INTRODUCCIÓN AO RUGBY

Neste día, estiveron con nos Carla da Silva, adestradora do Club de Rugby Fendetestas e Joel Carballeira. Levaron a cabo unhas  divertidas sesións de  promoción  e introdución ao RUGBY  para 1º e 2º de ESO.

Grazas Carla e Joel!!!  Foi un privilexio contar con vos e descubrir un pouquiño mellor os segredos que encerra este fermoso deporte.



page | by Dr. Radut