Blogues

DEVOLUCIÓN DE LIBROS DE TEXTO E ENTREGA NO CENTRO DO SOBRE DE MATRÍCULA

DÍAS PARA A DEVOLUCIÓN DOS LIBROS DE TEXTO DO FONDO DA XUNTA e DO FONDO DA ANPA  E PARA ENTREGA DOS SOBRES DE MATRÍCULA.

Igual que o curso pasado, a devolución dos libros que o Fondo libros da XUNTA deixou ao alumnado farase o mesmo día que a devolución dos libros da ANPA e a entrega no centro do sobre de matrícula para o curso que vén. Os sobres de matrícula xa están á venta na conserxería do instituto. Para recollelos non é preciso pedir cita. 

Aínda que o prazo oficial de matrícula é do día 25 de xuño ao 10 de xullo, para evitar aglomeracións establecemos, de xeito preferente, os seguintes días de devolución dos libros e entrega no centro dos sobres de matrícula:

- Alumnado que se matricula en 1º ESO: 23 e 24 de xuño

- Alumnado que se matricula en 2º ESO: 25 e 28 de xuño

- Alumnado que se matricula en 3º ESO: 25 e 28 de xuño

Alumnado que se matricula en 4º ESO: 29 de xuño

Alumnado que se matricula en 1º BACH: 29 de xuño

Alumnado que se matricula en 2º BACH: 30 de xuño

 

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 2021-2022

 

Publicada a Orde pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar.

O prazo de presentación de solicitudes é dende o 21 de maio ata o 22 de xuño.

De preferencia, as solicitudes presentaranse de xeito telemático. O Código do procedemento é o ED330B.

Achegamos o arquivo da Orde. 

 

PROCEDEMENTO DE RECLAMACIÓNS

Achégase documento coas indicacións para a reclamación de cualificacións. 

ADMISIÓN CURSO 2021-2022

Xa están publicadas as listas de alumnado admitido para o curso 2021-2022 na aplicación da Xunta e no interior do instituto.

VACANTES

No documento adxunto están as prazas vacantes para o curso 2020-2021

SOLICITUDES DE ADMISIÓN

Achegamos información sobre as solicitudes de admisión para alumnado novo que se queira incorporar ao noso centro. 

A solicitude farase, preferentemente, de xeito electrónico. De necesitar acudir ao centro, pregamos pidan cita no teléfono 886120429.

A zona de influencia do IES Carlos Casares pódese consultar premendo neste enlace: zona de influencia

 

Charla on line para familias de 1º, 2º e 3º ESO

Tagged:  

Estimadas familias:

O xoves 4 de febreiro de 2021, dende as 18 horas ata as 20 aproximadamente celebrarase on line, a través da plataforma Cisco Webex, unha charla a cargo de Raquel Pedrouso, facilitadora de procesos de aprendizaxe e Coaching executiva e de equipos. Falará sobre por que desenvolver a Intelixencia Emocional nas familias, sobre as emocións básicas e a identificación, regulación e expresión emocional. Intentará dar tamén as claves para potenciar a saúde e benestar emocional das familias. Esta charla enmárcase no programa Educación Responsable, da Fundación Botín,  que se desenvolve no noso centro nos cursos de 1º, 2º e 3º da ESO. As familias deses cursos recibiron por AbalarMobil o enlace para acceder.

Un saúdo.

ORDE QUE REGULA O ACCESO ÁS MÁSCARAS DE PROTECCIÓN DA XUNTA

A Xunta acaba de publicar a orde do 6 de novembro de 2020 pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de mascarillas entre o alumnado matriculado nos centros educativos.

Alumnado destinatario:

1. Alumnado beneficiario da axuda para adquirir material escolar. (IMPORTANTE: ESTE ALUMNADO NON TEN QUE ENTREGAR NADA. A ADXUDICACIÓN DAS MÁSCARAS É AUTOMÁTICA)

2. Alumnado non beneficiario da axuda para adquirir material escolar por diferentes circunstancias pero:

- pertencente a familias cuna renda per cápita igual ou inferior a 6000 euros.

- suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia ou teña unha discapacidade igual ou superior ao 65%, con independencia da renda da unidade familiar. 

O prazo de presentación de solicitudes remata o 27 de novembro.

No seguinte enlace está toda a información. 

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2020/20201113/AnuncioG0598-061120-0...

 

ELECCIÓNS CONSELLO ESCOLAR

 

Seguindo a Resolución do 30 de setembro de 2020, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se establece o calendario para a celebración de eleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos, mañá, xoves 22 de outubro, ás 11:30, no despacho de dirección farase o sorteo público para a elección da Xunta Electoral, que será a encargada de aprobar e publicar os Censos electorais, concretar o calendario electoral, admitir e proclamar candidaturas, e ordenar, en xeral, o proceso electoral. Esta Xunta Electoral está formada pola persoa directora do centro, unha persoa representante das familias, un representante do profesorado, un representante do persoal de administración e servizos, e un representante do alumnado. 

  

CONSEGUÍMOLO!!

Tagged:  

Estimadas familias:

Cando comezou o curso informámosvos do compromiso deste equipo directivo en facer todo o posible por levar o curso de 1º de bacharelato ao ensino presencial. Hoxe podemos anunciarvos con grande ledicia que a vindeira semana esperamos ter todo preparado para acoller a todo o alumnado de 1º de bacharelato diariamente. As obras para facer aulas máis grandes están en marcha neste momento e agardamos que a partir do xoves 15 de outubro todo o alumnado deste curso volva ao ensino presencial. 

Moitísimas grazas pola vosa comprensión durante todo este tempo.

Un saúdo do equipo directivo.

Distribuir contido