HORARIO DE VERÁN
Enviado por berta o Mér, 06/07/2022 - 04:40O horario de atención ao público no mes de xullo é de luns a venres de 10:00 a 13:00.
O mes de agosto o centro permanecerá pechado.
Certificacións de competencias lingüísticas
Enviado por maikelhernandez o Mar, 05/07/2022 - 07:11A Consellería habilita unha partida de 450.000€ (Resolución do 10 de Xuño de 2022) para o financiamento das probas de nivel para a certificación de competencias en linguas estranxeiras dirixidas ao alumnado que no curso 2022-23 estea matriculado en 4º curso de Educación Secundaria Obrigatoria e na etapa de Bacharelato. O financiamento é de 100€ por proba e alumno que se lle outorgará a cada centro e que abranguerá a realización das probas das destrezas orais e escritas e a certificación correspondente.
Os estudantes que participen nela poderán certificar a súa competencia lingüística nos niveis B1, B2 ou C1 do Marco Europeo de Referencia para as Linguas do Consello de Europa (MCERL).
Cada alumno poderá matricularse nunha única proba dunha lingua estranxeira, que será, preferentemente, a que curse como primeira lingua estranxeira.
O alumnado interesado debe entregar no IES de Canido con data límite o 15 de xullo ás 13 horas o seguinte compromiso individual do alumnado/familia
Atentamente, o equipo directivo
LIBROS DE TEXTO CURSO 2022-2023
Enviado por berta o Ven, 01/07/2022 - 10:25Nas seguintes ligazóns achegamos as listaxes de libros de texto dos distintos cursos de ESO e Bacharelato para o curso 2022-2023
Actividades realizadas durante o curso 2021-22
Enviado por berta o Mér, 22/06/2022 - 18:42Alumnado premiado durante o curso 2021-22
Enviado por berta o Mar, 21/06/2022 - 05:04