Skip to Content

blogue decrisfbravo

Canguro Matemático. IES Canido 2024

Aquí tedes a Brais Fernández Otero, de 3º A, flamante gañador do Canguro Matemático oprganizado pola Federación Española de SOciedades de Profesores de Matemáticas e Coordinado no centro dende o Departamento de Matemáticas polo profesores Jota Rod´riguez e Paula Méndez.  Na imaxe vedes a Brais co seu agasallo, un altofalante portátil.Houbo un total de 75 participantes, e os 15 mellores resultados recibiron tamén un pequeno obsequio que enviaron dende a organización. Moitas grazas a todos pola vosa participación e animámosvos a participar na vindeira edición. 

 

Canguro Matemático

Fondo solidario de libros de texto e axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar. Curso 2024/2025

Informamos que está  aberto o prazo para solicitar o fondo solidario de libros de texto e axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar. 

O prazo de solicitude será do  21/5/2024 ó 21/6/2024 ambolos dous incluídos.

Texto da convocatoria:  ORDE do 7 de maio de 2024 (DOG do 20 de maio)

Procedemento administrativo:  ED330B

A solicitude poderá facerse de xeito presencial no IES ou ben de xeito telemático. Preme neste enlace para acceder  á información. 

 

Letras Galegas 2024: Luísa Villalta

Aquí tedes o cartel conmemorativo de Luísa Villalta, elaborado coa xenerosa aportación de Henrique Dacosta, profesor do IES SObre a tamén antiga profesora do centro Luísa Villalta. Feliz día das letras Galegas. Aquí no IES o celebramos con obradoiro de Lettering na Biblioteca rotulando verbas bonitas da nosa lingua e facendo un mural colaborativo coas mesmas que podedes ver no hall do instituto. 

 

Saída escolar a Santiago de Compostela. 1º ESO IES Canido

O pasado mércores día 8, o alumando de 1º da ESO, coordinado por María Estraviz (EDL) e acompañado polas profesoras Sandra Juíz e Berta Rodríguez, participaron nunha homenaxe a Luisa Villalta no Gaiás de Santiago de Compostela. A escritora homenaxeada foi antiga profesora no IES Canido. Aquí tedes un pequeno resumo fotográfico do acto, ó que asistiu o Conselleiro de Cultura, José López Campos. As alumnas de 1º da ESO: María Omaña, Sara Leira, Sara Ramos, Paula Cartelle, Alejandra Piñeiro, Sabela Cobelo e Daniela Román participaron na súa homenaxe, parabéns pola vosa actuación, e moitas grazas tamén á profesora Daniela García pola participación na actividade. O resto da tarde, aproveitaron o día en Santiago comendo no casco histórico e visitando o Museo de Historia Natural e o Mupega.

Aquí tedes unhas fotos resumo realizadas pola fotógrafa Rocío Cibes.

Distribuir contido


by Dr. Radut