Skip to Content

Monumento memorial ás vítimas do franquismo

Bo día.

Nestes últimos anos, os historiadores Xosé Suárez e Bernardo Máiz recompilaron os nomes e as historias das máis de 900 vítimas mortais do franquismo na comarca de Ferrol, Eume e Ortegal, así como dos concellos de Miño e Vilarmaior (actualmente da comarca de Betanzos).
 
O noso instituto, daquela cemiterio de Canido, foi un dos lugares onde moitas desas vítimas foron asasinadas, e forma parte da nosa memoria colectiva.
 
Co fin de manter presente a memoria desta nefasta etapa da nosa historia, a Comisión Promemorial ás vítimas do franquismo de Ferrolterra, Eume e Ortegal promoveu a realización dunha homenaxe a todas elas.
 
Este sábado día 24 de febreiro, as 12h., e no parque Gaiteiro Antón Varela (detrás do instituto IES Canido), vaise inaugurar un memorial a esas vítimas. O monumento foi realizado dun xeito totalmente desinteresado polo escultor Manuel Patinha, e leva gravados os nomes de todas e cada unha das máis de 900 vítimas.
 
Pode ser un bo momento para vernos, nun acto necesario para esta sociedade en xeral, e para a nosa comunidade educativa en particular.
 
Adxunta vai a invitación ao acto.

Saúdos

Parabéns ás alumnas gañadoras da fase galega do concurso Odisea de Cultura Clásica 2024.

 

Na Voz de Galicia desta mañá,podedes ler o artigo adicado ás alumnas do IES Canido gañadoras do Concurso Odisea na súa fase Autonómica. O seu equipo, As Furias, xa está preparado para afrontar o vindeiro mércores a fase nacional do concurso. Premendo nesta ligazón podedes acceder ó contido completo.

Parabéns a Ángela, Andrea e Alba... e moita sorte para a final! Parabéns tamén ós seus profesores Jose Luis López e Magdalena Zambrano.

 

Felices festas.IES Canido 2024

Hoxe foi un día especial no IES, posto que foi o derradeiro día antes das vacacións de Nadal. Fixemos e repartimos postais de Nadal, sorteamos unha xenerosa cesta de productos navideños cedidos pola Anpa e finalmente premiamos o inxenio e bo facer de Sofía Rodríguez, Gurka Sighn, Hugo Pita,Daniela Porcel, Noa Pita, Sara Leira e Laura Castro, todos eles, gañadores do 1º Concurso de Xerseis de Nadal convocado pola Biblioteca do IES. Agora toca descansar e repoñer forzas para a volta ó cole....felices festas a todos e todas e próspero ano 2024. Moitas grazas a todo o alumnado pola súa participación, e ó profesorado e persoal non docente pola vosa colaboración.

 

 

Enlace ó blog do Erasmus + do IES Canido baixo o lema "Zero Waste"

Premendo neste enlace, podedes acceder ó blog do nos proxecto Erasmus +, que este curso ten coma lema "Zero Waste"

DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

MANIFESTO LEIDO POLO ALUMNADO O 24 DE NOVEMBRO

 

Carolina, de Madrid. Belén, de Ciudad Real. Eva María, de Cádiz. Hayate, de Tenerife. Natalia, de Marbella. Elisabeth, de Lleida. Paloma é a súa filla India, de Valladolid. Caterina, de Cádiz… E así ata 52 mulleres ás que lles quitaron ás súas vidas e, incluso, os seus nomes, para converterse só en cifras. Algunhas denunciaran antes ao seu agresor, outras non puideron facelo.

 De xaneiro a novembro de 2023 xa foron asasinadas máis mulleres por violencia de xénero que en todo 2022. Parece que este ano será recordado coma un dos peores no que á violencia contra as mulleres se refire. Non é casualidade que isto ocorra ao mesmo tempo que os discursos negacionistas están a aumentar e a normalizarse. E nisto nós, os mozos e mozas, temos moito que dicir. 

 Porque a violencia de xénero non empeza nin acaba cun asasinato. Debemos ser capaces de recoñecer o maltrato físico e psicolóxico, e de denuncialo. Se che controla o móbil ou as redes sociais, se che di como debes vestir, se che prohíbe quedar cos teus amigos… iso é maltrato. Se doe, non é amor. 

 Todas xuntas debemos ser capaces de dicir basta: queremos camiñar pola rúa sen medo a que nos fagan dano; queremos vestir como nos dea a gana, sen que nos xulguen; queremos que, se hai unha violación, a culpa sexa do violador e non da súa víctima. 

 Nesta loita as mulleres precisamos o apoio dos homes, para construír unha sociedade onde haxa igualdade e respecto. Porén, unha de cada catro persoas da nosa idade nega que exista a violencia de xénero, repetindo os discursos que a cotío oímos nas redes sociais. 

 E ti, que estás agora escoitándonos, que queres facer? Queres ser parte do problema ou parte da solución? Precisamos un cambio social baseado na educación e precisámosvos a todos e todas vós. O IES Canido di NON Á VIOLENCIA DE XENERO!

Fotos da conmemoración.

Distribuir contido


by Dr. Radut