Skip to Content

Inicio curso

O comezo do curso escolar 2023/24 terá lugar o 11 de setembro as 8.30. A recepción do alumnado realizarase polos titores atendendo ás seguintes indicacións:

  • O grupo ao que pertence cada alumno estará indicado ese mesmo día no taboleiro da entrada do centro.

  • O alumnado de 1º ESO acudirá ao salón de actos do instituto e despois dirixirase á aula correspondente acompañado polos titores.

  • O alumnado de 2º ESO acudirá ao ximnasio e despois dirixirase á aula correspondente acompañado polos titores.

  • O alumnado de 3º ESO, 4º ESO e 1º e 2º BACHARELATO acudirá ás súas aulas de referencia.

  • O alumnado da ESO recollerá os libros asignados do fondo e levará un documento que deberá traer asinado e entregalo ao titor na primeira semana de curso. Se houbera algunha incidencia, deberá constar en dito documento.

Publicadas as listaxes provisionais do fondo de libros para o curso 2022/23 do IES Canido o día 12/07/2023.

 

 

As familias poden consultar as listaxes provisionais do fondo de libros de maneira telemática no caso de que fixesen a solicitude dese xeito ou  presencialmente na secretaría do instituto de 10:00 a 13:00 a partir de maña 13 de xullo.

As reclamacións ás listaxes provisionais poderán presentarse ata o venres 14 de xullo.

 

Os vales de material tamén poderán ser recollidos en secretaría.

 

Publicación dos premios de ESO ao esforzo e á superación persoal curso 2022-2023

 

O pasado 3 de xullo, publicouse no DOG a ORDE do 19 de xuño de 2023 pola que se convocan os premios de educación secundaria obrigatoria ao esforzo e á superación persoal correspondentes ao curso 2022-2023 (código de procedemento ED311E).

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes; comezará o día 16 de agosto de 2023 e rematará o día 15 de setembro de 2023.

Pode acceder á información desta convocatoria na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal), introducindo na caixa de busca o código de procedemento ED311E.

Lémbrase que se as persoas solicitantes son menores de idade, sempre teñen que subscribir a súa solicitude por medio dunha persoa representante e, no caso dos centros que non empregan a aplicación XADE, acreditar dita representación por calquera medio válido en dereito.

Información sobre os premios

 

 

Libros de Texto curso 2023/24

Libros de texto IES CANIDO curso 2023/24

1º ESO

2º ESO

3º ESO

4º ESO

1º BACH

2º BACH

RECOLLIDA DE NOTAS E DATAS DE MATRÍCULA PARA O CURSO 2023-2024

RECOLLIDA DE NOTAS 

A entrega de notas de 1º de Bach e ESO será o venres 23 ás 13:30 horas nas aulas correspondentes.

A entrega das notas da convocatoria extraordinaria de 2º de BACH será o xoves 22 de xuño ás 12:30 horas nas aulas.

O período de reclamacións no centro son os días 26 e 27 de xuño en horario de 9 a 14 horas.

RECOLLIDA DE IMPRESOS

A partir de martes 20 de xuño na conserxería do centro

 

DATAS DE MATRÍCULA  PARA O CURSO 2023-24

DÍA HORA CURSO
Luns 26 Xuño 09:30 - 11:30 2º Bacharelato
11:30 - 13:30 1º Bacharelato
Martes 27 Xuño 09:30 - 11:30 4º ESO
11:30 - 13:30 3º ESO
Mércores 28 Xuño 09:30 - 11:30 2º ESO
11:30 - 13:30 1º ESO
Distribuir contido


by Dr. Radut