O alumnado participante no festival de Nadal vai a realizar un ensaio o mércores 21-12-22 de 11:30 a 13:30 horas. Na sala de profesores poñerase un listado para consultar.
A actividade está organizada polo departamento de Música.
O alumnado de 1º e 2º BAC que cursa Música realiza unha visita á Domus e ao Aquarium de A Coruña e asiste á representación do musical de Ghost o venres 25 de febreiro 08:30 a 22:30 horas.
Para celebrar o día da Música (22 de novembro) e o mes da Ciencia en Galego nas Bibliotecas os departamentos de Música, Biblioteca, EDLG e o Club de Ciencias convocan un concurso de versións musicais "Ponlle música á ciencia", no que pode participar todo o alumnado.
O luns 9 de marzo de 12:20 a 13:10 horas, o alumnado de 1º e 4º ESO que cursa Obradoiro musical e Música, asiste a un obradoiro de Batucada impartido por membros da Batería do Cariño
No IES Cabo Ortegal forman parte do Plan Proxecta os departamentos de Educación Física e Música.
O Plan Proxecta é unha iniciativa de innovación educativa da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria a través da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa que busca a integración na planificación anual dos centros de programas postos en marcha por entidades alleas ao sistema educativo.
O obxectivo central deste plan será construír modelos de mellora mediante proxectos que teñan un alto potencial de transferibilidade tanto no propio centro no que se orixinan como no resto da comunidade educativa galega. Conflúen, desta maneira, nun mesmo plan que os engloba, os obxectivos de todas as entidades implicadas en fomentar no sistema educativo diferentes valores e competencias, maximizando así a súa eficacia, recoñecendo o esforzo do profesoradoe dos centros implicados e difundindo as boas prácticas innovadoras ao resto da comunidade educativa galega
Con este plan preténdese a colaboración interdepartamental e interdisciplinar que promova a innovación adaptada aos recursos e obxectivos específicos de cada centro e suporá un compromiso de todas as persoas e institucións implicadas e un dobre recoñecemento para os centros, para as persoas coordinadoras e para o profesorado participante. Por unha parte, os resultados dos proxectos realizados terán visibilidade para o resto da comunidade educativa galega nos espazos web da Consellería a fin de conseguir un alto grado de transferibilidade e capacidade transformadora en centros de características similares. Por outra, o profesorado que participe activamente neste plan recibirá unha certificación de innovación educativa e terá a posibilidade de publicar as mellores experiencias.
You are missing some Flash content that should appear here! Perhaps your browser cannot display it, or maybe it did not initialize correctly.
You are missing some Flash content that should appear here! Perhaps your browser cannot display it, or maybe it did not initialize correctly.
O ENDL e o Departamento de Música poñen música aos poemas de Díaz Castro. Esta semana animamos os recreos con estas pezas musicais. Cada día escollemos un lugar distinto do IES, hoxe tocou o corredor do 1º andar. O alumnado de 3º ESO tocou e recitou o poema “Penélope”.
Con motivo da celebración do Día das Letras Galegas o Departamento de Música preparou, para todo o centro, un concerto didáctico a cargo do grupo de músicos Clifford 8