Skip to Content

Francés

3º e 4º ESO e 1º BAC LIFFRÉ EN CARIÑO: Agradecementos

12/04/2024 00:00
12/04/2024 00:00

Laura FO dí: " Ainda estou asimilando a semana que acabamos de pasar cos nosos amibos bretóns. Non teño máis que palabras de agradecemento polo ben que saíu! Creo que esta experiencia foi un claro exemplo de que traballando en equipo, todo funciona. Grazas ao meu alumnado, aos meus compis, ao equipo directivo e por suposto, ás familias. Seguirei presumindo de traballar no mellor instituto de Galiza!

 

3º e 4º ESO e 1º BAC LIFFRÉ EN CARIÑO IV: Despedida

11/04/2024 08:30
11/04/2024 21:00

O xoves 11 había que despedirse así que, como bos galegos, fixémolo cunha romaría na que houbo música, baile, danza de arcos e, como non, comida e bebida. Parecía que ninguén se quería ir xa que estiveron de troula ata que anoiteceu. Esperamos que todos teñan un bo e enriquecedor recordo.
Aquí estaremos a vos esperar para cando queirades volver.
Boa viaxe!!! ✈️

 

3º e 4º ESO e 1º BAC LIFFRÉ EN CARIÑO III: Xeoparque do Cabo Ortegal

10/04/2024 08:30
10/04/2024 20:30

O mércores 10 comezou o recorrido polo noso recén estreado Xeoparque Cabo Ortegal onde o alumnado de bioloxía fixo as presentacións de cada zona.

Despois foron, de vivos como di a tradición, a San Andrés de Teixido e para finalizar visitaron o "banco máis bonito do mundo" nos acantilados de Loiba.

A xornada foi inmellorable xa que o SOL acompañounos durante todo o día!!!

3º e 4º ESO e 1º BAC LIFFRÉ EN CARIÑO II: Santiago

09/04/2024 08:30
09/04/2024 20:30

Pois hoxe martes 9 a visita foi a Santiago onde, ademais de ver os principais monumentos da localidade e pasear polas súas marabillosas rúas, tivero o privilexio de subir ás cubertas escalonadas de Catedral, que se recorren en toda a súa extensión.

Este ceo de pedra ofrece a opostunidade única de entender as distintas etapas de construción do templo; ter as súas torres, cúpulas e pináculos ao alcance da man e gozar de inmellorables perspectivas sobre as prazas monumentais.


3º e 4º ESO e 1º BAC LIFFRÉ EN CARIÑO I: A Coruña

08/04/2024 08:30
08/04/2024 20:30

O noso instituto ten convidados: o alumnado de Liffré e tres dos seus profesores están de intercambio polas nosas terras.
O luns 8 tocou visitar A Coruña e, aínda que o tempo non acompañou moito, parece o aproveitaron e o pasaron moi ben

 
 
 

1ºBAC de FRANCÉS VIAXE A PARÍS

07/06/2022 00:00

O alumnado de a1ºBAC que cursa francés realiza unha viaxe a París dende o 7 ao 12 de xuño de 2022.

A actividade está organizada polo departamento de Francés.

TODOS CINE VERSIÓN ORIXINAL

28/03/2022 08:30
28/03/2022 17:00

Todo o alumnado do centro verá no cine Dúplex de Ferrol a película Délicieux en versión orixinal en francés o luns 28-03-2022.

A actividade será 08:30 a 17:00 horas e está organizada polos departamentos de Francés e Inglés.

3º e 4º ESO e 1º e 2º BAC: TEATRO EN FRANCÉS NA CORUÑA

24/01/2020 08:30
24/01/2020 16:30

O alumnado de 3º e 4º de ESO e de 1º e 2º de BAC que cursa Francés asiste a unha representación teatral en A Coruña o venres 24 de xaneiro de 2020 de 08:30 a 16:30 horas

1º e 2º ESO: TEATRO EN FRANCÉS EN FERROL

23/01/2020 08:00
23/01/2020 13:45

O alumnado de 1º e 2º de ESO que cursa Francés asiste a unha representación teatral en Ferrol o xoves 23 de xaneiro de 2020 de 08:00 a 13:45 horas

4º ESO e 1º BAC VISITA Á ARMADA DE FERROL

01/04/2019 08:00
01/04/2019 18:30

O alumnado de 4º de ESO e de 1º de BAC realiza unha visita ás instalacións da Armada de Ferrol o luns 1-4-19 de 8:00 a 18:30 horas

TEATRO EN FRANCÉS: LE MALADE IMAGINAIRE

25/01/2019 10:10
25/01/2019 18:00

O alumnado de 3º e 4º da ESO e de 1º e 2º de BAC, que cursa francés, asiste na Coruña á representación teatral da obra Le malade imaginaire, en francés, o venres 25-01-19 de 10:10 a 18:00 horas.

TEATRO EN FRANCÉS: LE PETIT MALADE IMAGINAIRE

24/01/2019 09:45
24/01/2019 13:45

O alumnado de 1º e 2º da ESO, que cursa francés, asiste en Ferrol á representación teatral da obra Le petit malade imaginaire, en francés, o xoves 24-01-19 de 09:45 a 13:45 horas.

FESTIVAL DA FRANCOFONÍA

07/05/2018 08:30
09/05/2018 20:00

O alumnado de 4º da ESO e de 1º de BAC que cursa a materia de Francés participa no Festival da Francofonía que se celebra en Vilanova de Arousa do luns 7 ao mércores 9 de abril de 2018.

TEATRO EN FRANCÉS: LA BELLE ET LA BÊTE

01/03/2018 09:30
01/03/2018 17:00

O alumnado de 3º e 4º da ESO e de 1º e 2º de BAC que cursan Francés asiste a unha representación teatral en A Coruña o xoves 1 de marzo de 2018 de 09:30 a 17:00 horas.

CONCURSO DE SOMBREIROS

25/11/2014 08:30
Cartel concurso de sombreiros  

O Departamento de Francés celebra o 25 de novembro un concurso de deseño de sombreiros, en conmemoración de "LA Sainte Catherine".

 

Ese día exporanse os sombreiros presentados no primeiro recreo, e a continuación, no segundo, procederase á entrega de premios.

 

CONCURSO DE SOMBREIROS

Cartel concurso de sombreiros

O Departamento de Francés celebra o 25 de novembro un concurso de deseño de sombreiros, en conmemoración de "LA Sainte Catherine".

 

Ese día exporanse os sombreiros presentados no primeiro recreo, e a continuación, no segundo, procederase á entrega de premios.

Sainte Catherine (novembre 2013)

25/11/2013 10:10
25/11/2013 12:25

Actividade do departamento de Francés.

Celebración da Sainte Catherine (Santa Catarina) mediante un concurso de sombreiros de cores predominantes amarelo e verde, e representativos da personalidade dunha moza.

Horario: 

          1º recreo: exposición e valoración de sombreiros

          2º recreo: fallo do xurado e entrega de premios.

Día: luns, 25 de Novembro de 2013. 

Grupos: 4º ESO (alumnos que cursan Francés).

Lugar: biblioteca do instituto.



Une nouvelle interprétation du Poussin Piou par les élèves de 2º ESO (mars 2013)

01/03/2013 12:05
01/03/2013 12:20

Décidément la danse est une vocation pour les élèves de Cariño. De vrais artistes accomplis!

O baile parece ser unha verdadeira vocación para os alumnos de Cariño. Son uns verdadeiros artistas!

You are missing some Flash content that should appear here! Perhaps your browser cannot display it, or maybe it did not initialize correctly.

Le petit-déjeuner: poème de Jacques Prévert interprété par les élèves de 2º ESO (mars 2013)

01/03/2013 10:10
01/03/2013 10:25

 

Une petite mise en scène

You are missing some Flash content that should appear here! Perhaps your browser cannot display it, or maybe it did not initialize correctly.

 

                                                                                       

Alumnos de 1º ESO cantando O Pitiño Pío (febreiro de 2013)

13/02/2013

Les élèves de 1º ESO poussent la chansonnette. Les voilà qui chantent Le Poussin Piou.

Os alumnos de 1º ESO cantando O Pitiño Pío. Uns auténticos cantantes.

You are missing some Flash content that should appear here! Perhaps your browser cannot display it, or maybe it did not initialize correctly.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut