Skip to Content

Actividades

EDLG AQUITAMENSEFALA 3

20/06/2024 10:49
20/06/2024 10:49

Velaquí algúns locais máis que se sumaron á campaña de dinamización lingüística @aquitamensefala:
          1. Tenda Atmosfera Sport
          2. Farmacia ortopedia García-Mato
          3. Supermercado Eroski Cariño
          4. Cervexaría Aguillóns
          5. Academia de ensino Victoria Eugenia Villar Teijido
          6. Tenda Euronics Martul
          7. Ferraxería Pumar
          8. Bar Mar e Pedra
          9. Estación de servizo Ortegal Oil
         10. Salón de peiteado Sandra Campelle


EDLG AQUÍ TAMÉN SE FALA 2

19/06/2024 09:08
19/06/2024 09:08

Seguimos dándolle as grazas ós establecementos e colectivos pixíns que se sumaron á campaña de dinamización lingüística @aquitamensefala, desenvolvida pola rapazada colaboradora do EDLG:
          1. Redeiras de Cariño
          2. Peixes e mariscos Miguel
          3. Floristería O Xardín
          4. Mesón O Grilo
          5. Artesanía Ortegal
          6. Perfumería Ross
          7. Moda e complementos Zen
          8. Asociación Fragas do Ortegal
          9. Piscina Municipal
         10. Salón de peiteado Pedro

            

EDLG AQUITAMENSEFALA 1

18/06/2024 09:00
18/06/2024 09:11

Como sabedes, durante este curso no EDLG sumámonos á campaña @aquitamensefala , unha iniciativa de dinamización lingüística sen precedentes impulsada polo IES Rafael Dieste e desenvolvida polo alumnado duns 200 centros de ensino de toda Galicia.
Nestes últimos días do curso, queremos agradecer publicamente a tódolos establecementos cariñeses que se sumaron á campaña e recibiron cos brazos abertos á rapazada colaboradora do EDLG.
Porque en Cariño tamén se fala galego...
          1. Libraría Abrente
          2. Moda infantil y bebé D&M
          3. Hotel restaurante A Cepa
          4. Óptica Cariño
          5. Isa's English Centre
          6. Electricidad Hermanos Pita Vizoso
          7. Tien 21 Cesáreo
          8. Mesón O Barómetro
          9. Salón de peiteado Debén
         10. Asesoría Álvarez & Tomé

   

VI EDICIÓN DO CONCURSO DE FOTOGRAFÍA MATEMÁTICA

07/06/2024 11:00
07/06/2024 11:30

Participa na VI edición do Concurso de fotografía matemática do IES Cabo Ortegal, organizado polos Departamentos de Matemáticas e de Educación Plástica, xunto coa Biblioteca, o @club_ciencias_ortegal, e o @edlg_ortegal.
Prazo de presentación: do 27 de maio ó 7 de xuño.

II CERTAME DE MICRORRELATOS CIENTÍFICOS

20/05/2024 11:00
20/05/2024 11:30

A Biblioteca, o @edlg_ortegal e o @club_ciencias_ortegal convocamos a segunda edición do Certame de Microrrelatos Científicos do IES Cabo Ortegal.
Anímate a participar!

LETRAS GALEGAS 24: LUÍSA VILLALTA

17/05/2024 00:00
17/05/2024 00:00

Sabías que Luísa Villalta era da Coruña? E que, ademais de escritora, foi música?
Na exposición da planta baixa puidose coñecer máis datos interesantes sobre a protagonista do Día das Letras Galegas.

 

O teu navegador non soporta este vídeo.

 

RESOLUCIÓN DO IV CERTAME DE MICRORRELATO E FOTOGRAFÍA 'EXERIA'

Neste mércores 15 de maio de 2024, os Equipos de Dinamización da Lingua Galega do IES Cabo Ortegal, do IES Pedro Floriani e do IES Mendiño facemos pública a resolución do xurado da cuarta edición do Certame de microrrelato e fotografía Exeria, convocado en colaboración coa Biblioteca Escolar. Para acceder ó documento pica aquí

 

 

Parabéns a tódalas persoas gañadoras e moi especialmente ó alumnado do noso centro, que recolleu os seus premios durante o Festival das Letras celebrado esta mañá no Auditorio Municipal.

     

 

MARCAPÁXINAS 24

14/05/2024 11:00
14/05/2024 11:30

A semana pasada, o EDLG e a Biblio repartimos entre o alumnado e o profesorado estes marcapáxinas para homenaxear a Luísa Villalta. Verdade que son chulos?
As ilustracións foron obra de Yuliia e Andrea, as gañadoras do concurso de retratos do #díadasletrasgalegas. Parabéns, rapazas!


AQUÍ TAMÉN SE FALA

14/05/2024 08:30
14/05/2024 14:00

Durante o 2º trimestre, o alumnado colaborador do EDLG desenvolveu a campaña @aquitamensefala e repartiu polos establementos cariñeses cartaces que promoven o uso do galego.
Neste Mes das Letras, iremos dando a coñecer nas redes os locais e colectivos que se uniron á iniciativa, mais de momento podedes ver un adianto nos corredores.
Grazas a tódalas persoas que se sumaron á campaña e, en especial, ó noso alumnado dinamizador!

II CONGRESO NACIONAL ESCOLA RURAL EN RIBADAVIA

03/05/2024 08:30
03/05/2024 22:00

O pasado venres, 3 de maio, un grupo de alumnas de 1º de Bacharelato integrado por Sara Armada, Carmen Fustes, Zoe Gómez, Alba Martínez e Laura Salgueiro, xunto coas profesoras Bea Otero, Patricia Vázquez e Sara Filgueira, participaron no II Congreso Nacional Escola Rural, celebrado en Ribadavia. Alí, as nosas representantes deron a coñecer ante profesionais da educación de toda España os proxectos e actividades que se levan a cabo no noso centro.
Grazas ó CFR de Ferrol por contar con nós para esta actividade.


3ºESO SANTIAGO

30/04/2024 08:30
30/04/2024 20:30

O pasado martes 30 de abril o alumnado de 3ºESO realizou unha saída didáctica a Santiago de Compostela acompañado das profesoras Patricia Vázquez e Sara Filgueira.
Pola mañá acudiron á Cidade da Cultura para visitar a exposición de realidade aumentada "Hábitats. Natureza estendida". E, tras unha pausa para xantar, pola tarde participaron nun roteiro histórico-literario pola cidade vella.
A actividade foi organizada conxuntamente polos departamentos de Lingua Galega e Literatura, Física e Química e polo EDLG.

#saída #excursión #compostela #edlg #exposición #hábitats #literatura


50 ANIVERSARIO DA REVOLUÇAO DOS CRAVOS

25/04/2024 11:00
25/04/2024 11:30

Hoxe entramos á clase ó ritmo de "Grândola, vila morena" e repartimos caraveis para conmemorar o 50 aniversario da Revoluçao dos Cravos.


 

 
 
 

DÍA DO LIBRO 2024

23/04/2024 11:00
23/04/2024 11:30

No Día do Libro, fixemos unha lectura compartida de anacos dalgunhas obras relevantes da literatura universal nos idiomas do alumnado.

Podedes ver que o pasamos moi ben!!

Velaquí unhas mostras...

 
 

IV CERTAME DE MICRORRELATO E FOTOGRAFÍA 'EXERIA'

 

Os Equipos de Dinamización da Lingua Galega do IES Cabo Ortegal, do IES Pedro Floriani (Redondela) e do IES Mendiño (Redondela), en colaboración coa Biblioteca Escolar, convocamos a IV edición do Certame de microrrelato e fotografía Exeria, destinado a todo o alumnado dos tres centros organizadores. 

 

Nesta cuarta edición, a temática proposta son os descubrimentos. Explorar o mundo é unha aventura que nos conecta coa nosa curiosidade e herdanza. Con este certame, celebramos a valentía dos descubrimentos, invitando a compartir historias e imaxes que capturan a esencia destas exploracións. Sumádevos a esta viaxe de palabras e imaxinación, onde cada participante é un navegante moderno. Deixade que as vosas creacións descubran novos horizontes e inspirade outras persoas a facer o mesmo. Animámosvos a mergullarvos no pasado ou a soñar con futuros destinos, capturando a esencia dos descubrimentos nun microrrelato e nunha imaxe. Estades preparadxs para explorar e compartir os vosos mundos? Participade e descubride os territorios ocultos da vosa creatividade!

 

O prazo de presentación dos traballos é do 15 de marzo ó 5 de abril de 2024.

 

Picade aquí para acceder ás bases completas do certame.

3º ESO ENCONTRO CON ANDREA MACEIRAS

05/03/2024 11:30
05/03/2024 12:20

O alumnado de 3º ESO recibe á escritora Andrea Maceiras o martes 5-3-24 de 11:30 a 12:20 horas para conversar arredor da obra O que sei do silencio.

A actividade está organizada polos departamentos de Biblioteca, EDLG e Lingua Galega.

 

CONCURSO DE ENIGMAS NO INSTI

30/11/2023 08:30
30/11/2023 14:00

Dentro do #mesdacienciaengalegonasbibliotecas, nas últimas semanas desenvolvemos o noso concurso de enigmas, organizado pola Biblioteca, o @edlg_ortegal e o @club_ciencias_ortegal.
Un ano máis o concurso contou con gran participación do alumnado, que durante oito recreos intensos espremeron os miolos para resolver os enigmas científicos e lingüísticos que lle fomos propoñendo diariamente. A cousa estivo emocionante! Tanto, que se produciu un empate na categoría T-Rex! Así que a próxima semana haberá un enigma final para determinar os gañadores!!!


TODOS MAGOSTO e CELEBRACIÓN DO 25N

27/11/2023 16:00
27/11/2023 17:40

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

O luns 27-11-23, de 16:00 a 17:40 horas, todo o centro participa na conmemoración polo 25N e despois celebramos o Magosto. Haberá degustación de castañas asadas e, se a meteoroloxía o permite, poderase participar en xogos tradicionais no exterior. 

A actividade está organizada polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega coa colaboración do Departamento de Educación Física.


ENTREGA DE PREMIOS DO CERTAME EXERIA 2023

12/06/2023 08:30
12/06/2023 20:30

O alumnado finalista do certame literario intercentros 'Exeria', xunto co alumnado que forma parte do EDLG, realiza unha visita a Redondela e á Illa de San Simón o luns 12-6-23 de 08:30 a 20:30 horas. A xornada inclúe unha ruta en catamarán pola ría de Vigo, o acto de entrega de premios do certame, unha excursión pola Illa de San Simón para coñecer a súa historia e un xantar de fraternización co alumnado finalista dos outros centros.

A actividade está organizada polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega.

 

     

GRAVACIÓN DOS MICRORRELATOS FINALISTAS DO I CERTAME DE MICRORRELATOS CIENTÍFICOS

08/06/2023 10:36

Anxo, Sara, Lucía, Naiara e Zoe de 4º ESO gravaron o seu microrrelato científico na radio de Polos Creativos. Os seus microrrelatos foron os 5 seleccionados dentro do I Certame de Microrrelatos Científicos organizado polo centro.

  

RESOLUCIÓN DO III CERTAME DE MICRORRELATOS E FOTOGRAFÍA "EXERIA"

Os Equipos de Dinamización da Lingua Galega do IES Cabo Ortegal, do IES Pedro Floriani e do IES Mendiño facemos público o fallo do xurado do III Certame de microrrelatos e fotografía intercentros Exeria, organizado en colaboración co Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Redondela e co Equipo de Biblioteca. Para acceder ó documento pica aquí.

TODOS: MAXIA A igualdade non ten truco

29/05/2023 16:00
29/05/2023 17:30

Todo o alumnado do centro participa no espectáculo A igualdade non ten truco o luns 29-05-23 de 16:00 a 17:30 horas.A compañía Magia en la Manga, integrada por Sara Rodríguez e Carlos Tomico, presenta un espectáculo que fai un percorrido por diferentes conceptos básicos do feminismo e procura promover a igualdade de xénero a través da arte do ilusionismo e das vivencias una maga contemporánea.

 A actividade está organizada polos equipos de Biblioteca e Dinamización da Lingua Galega e o Concello de Cariño

      

TODOS FESTIVAL LETRAS GALEGAS

16/05/2023 11:30
16/05/2023 14:00

Todo o centro disfrutará no instituto da celebración do día das Letras Galegas o martes 16-05-2023 de 11:30 a 14:00 horas.

Haberá un concurso, no que participa parte do alumnado, coas seguintes modalidades:

MODALIDADE DE MÚSICA INSTRUMENTAL:

-      Alejandro (2ºEso): “O son do ar” (frauta)

-      Mauro (1ºESO): “Armenteira” (gaita)

-      Cuarteto Cabo Ortegal: Cris, Mara, Andrea e Noa (2ºEso): “Piornedo” (gaitas e percusión)

MODALIDADE DE RECITADO:

-      Zeltia (1ºESO): “Lúa descolorida” de Rosalía de Castro.

-      Kiara e Sara (4ºESO): “Canción de cuna para Rosalía de Castro” de Federico García Lorca.

 MODALIDADE DE BAILE:

-      Now oso: Noel e Xoel (2ºESO): “A Rianxeira”

     Pichiñas: Andrea, mara, Nahia, Vania, Noa, Adriana, Melisa e Paula (2ºESO): “Pano de cores”.

-      As Ramonas: Laura, Sara, Ana e Lucía (4ºESO): “Alcolitros de Berto e Ramón”.

 

A actividade está organizada polos departamentos de Lingua Galega e Música e os Equipos de Dinamización da Lingua Galega e da Biblioteca.

2º ESO CONTACONTOS CEIP MANUEL FRAGA IRIBARNE

28/04/2023 12:00
28/04/2023 14:00

Oito alumnas de 2º de ESO realizan un contacontos ao alumnado do CEIP Manuel Fraga Iribarne o venres 28-04-23 de 12:00 a 14:00 horas.

 A actividade está organizada polo departemento de Lingua Galega e os equipos de Biblioteca e Dinamización da Lungua Galega.


3º ESO A e PDC XIMCANA SANTIAGO

12/04/2023 08:30
12/04/2023 20:30

O alumnado de 3º ESO A e PDC participa nunha ximcana polas rúas da cidade vella e visita o Museo do Pobo Galego de Santiago de Compostela o mércores 12-04-23 de 08:30 a 20:30 horas.

 

A actividade está organizada polo departamento de Lingua Galega e o equipo de Dinamización da Lingua Galega

3ºESO A ENCONTRO COA ESCRITORA EVA MEJUTO

24/05/2023 13:00
24/05/2023 14:00

O mércores 24-05-23 de 13:00 a 14:00 horas a escritora Eva Mejuto, autora de A ladroa da biblioteca de Meirás, visita o noso centro para presentar á súa obra diante do alumnado de 3º A.

 

A actividade está organizada polo departamentode Lingua Galega e o equipo de Dinamización da Lingua Galega do IES Cabo Ortegal.

4ºESO, 1º e 2º BAC TEATRO CARIÑO

02/03/2023 12:30
02/03/2023 13:30

O alumnado de 4º da ESO e de 1º e 2º de BAC asiste o xoves 02-03-2023 de 11:30 a 14:00 horas á representación da obra teatral Alma de Tigre, da compañía Elefante Elegante, no Auditorio de Cariño.

 

A actividade está organizada polo Concello de Cariño coa colaboración do Departamento de Lingua Galega e Literatura, o Equipo de Dinamización da Lingua Galega e a Biblioteca Escolar do IES Cabo Ortegal.

 

EN BUSCA DO ENIGMA PERDIDO

22/11/2022 08:00
25/11/2022 14:00

Neste Mes da Ciencia en Galego desnvólvese o concurso 'En busca do enigma perdido'. 

Do martes 15 ao venres 18 e do martes 22 ao venres 25 de novembro haberá un enigma para cada categoría que estará exposto durante o recreo na entrada da Biblioteca.

A actividade está organizada pola Biblioteca, o EDLG, o Club de Ciencias e o equipo Erasmus+.   

Aquí vos deixamos o cartel da actividade. Animádevos a participar!!

            

 

TODOS MAGOSTO 22

14/11/2022 16:00
14/11/2022 17:40

O luns 14-11-22 de 16:00 a 17:40 horas todo o centro participará na degustación de castañas asadas. Se a meteoroloxía o permite poderase participar en xogos tradicionais. 

A actividade está organizada polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega coa colaboración do Departamento de Educación Física.

 

4ºESO, 1º e 2º BAC - VISITA A SANTIAGO PARA ASISTIR Á OBRA DE TEATRO 'N.E.V.E.R.M.O.R.E.'

11/11/2022 08:30
11/11/2022 20:30

O alumnado de 4º da ESO e de 1º e 2º de BAC visita Santiago de Compostela o venres 11-11-22, de 08:30 a 20:00 horas, para asistir á representación no Auditorio de Galicia da obra de teatro N.E.V.E.R.M.O.R.E., da compañía Chévere, centrada na catástrofe do Prestige.

Pola tarde, o alumnado realizará unha visita por algúns dos lugares máis coñecidos da zona vella compostelá, guiados polo profesorado acompañante.

A actividade está organizada conxuntamente polo Departamento de Lingua Galega e Literatura, o Equipo de Dinamización da Lingua Galega e a Biblioteca Escolar do IES Cabo Ortegal.

 

            

 

             

 

 

    

SAMAÍN 2022

A Biblioteca e o Equipo de Dinamización da Lingua Galega organizaron unha serie de actividades para a semana do 24 ao 28 de outubro con motivo do Samaín. 

Pode consultarse a continuación a programación para estes días:

No instagram da Biblioteca poden lerse as bases dos dous concursos convocados.

Distribuir contido


by Dr. Radut