Skip to Content

Información de interese

TELÉFONOS DE CONTACTO

Para atender calquera solicitude, necesidade ou urxencia pódese chamar a algún dos seguintes teléfonos:

881960101 - 698148050 - 698148051

CALENDARIO EXAMES DE SETEMBRO 2020

Nos seguintes enlaces pódense consultar o calendario dos exames de setembro:

OBSERVACIÓN: As probas desta convocatoria extraordinaria serán presenciais e deberanse seguir as instrucións publicadas nesta páxina web.

LETRAS GALEGAS 2020 NAS NOSAS VOCES

O IES Pedro Floriani (Redondela), o IES Pino Manso (O Porriño) e o IES Cabo Ortegal unimos as nosas voces nun vídeo para celebrar o Día das Letras Galegas 2020, dedicado a Ricardo Carvalho Calero.
No VíDEO fanse lecturas de persoas homenaxeadas, desde o ano 1963 dedicado a Rosalía de Castro, ata chegar ao homenaxeado deste 2020.
Moitas grazas ás persoas que se animaron a participar!

 

CALENDARIO EXAMES FINAIS 2º BACHARELATO

Pódese consultar o calendario de exames finais de 2º de bacharelato no seguinte enlace: CALENDARIO.

2º BAC 2ª AVALIACIÓN

18/02/2019 17:40
18/02/2019 18:40

O luns 18 de febreirode 17:45 a 18:30 horas terá lugar a segunda avaliación do alumnado de 2º BAC

1º e 2º ESO 1ª AVALIACIÓN

19/12/2018 15:30
19/12/2018 20:00

O mércores 19 de decembro terá lugar a primeira avaliación do alumnado de 1º e 2º da ESO

ELECCIÓNS CONSELLO ESCOLAR (Renovación parcial 2018)

Mañá martes 27 de novembro terán lugar as votacións para a elección dos membros dos diferentes sectores ao Consello Escolar, correspondente á renovación parcial deste ano 2018.

  • O alumnado poderá votar na franxa horaria comprendida entre as 9:30 e as 13:00 horas. A mesa electoral estará situada na Biblioteca do centro.
  • O profesorado poderá votar en sesión de Claustro extraordinario convocado ás 14:00 horas na sala de profesores.
  • Os pais e as nais poderán votar na franxa horaria comprendida entre as 18:30 horas e as 20:15 horas. A mesa electoral estará situada na Biblioteca do centro.

ELECCIÓNS CONSELLO ESCOLAR (Renovación parcial 2018)

O martes 7 de novembro constituíuse no IES Cabo Ortegal a Xunta Electoral que regula o proceso de eleccións para a renovación parcial do Consello Escolar 2018, quedando aprobado o calendario do mesmo. Pódese consultar no seguinte enlace:

CALENDARIO ELECCIÓNS CONSELLO ESCOLAR

Os censos dos diferentes sectores están expostos no taboleiros de anuncios do centro.

O prazo de presentación de candidaturas está aberto dende o xoves 8 de novembro ata as 14:00 horas do venres 16 de novembro. Todos os interesados en presentar a súa candidatura ás eleccións deberán cubrir a solicitude dentro do prazo establecido, solicitude que se facilitará na secretaría do centro. O luns 19 de novembro será finalmente cando quedarán proclamadas pola Xunta Electoral as candidaturas dos diferentes sectores.

As votacións realizaranse o martes 27 no IES Cabo Ortegal.

Para calquera dúbida, pódese acudir ao centro solicitando máis información.


2 DE NOVEMBRO DÍA NON LECTIVO

Os vindeiros 1 e 2 de novembro de 2018 non haberá clases por estar establecido no calendario escolar do curso 2018-2019 do IES Cabo Ortegal. O día 1 é festivo nacional, e día 2 foi aprobado no Consello Escolar celebrado o 17 de setembro de 2018 como día non lectivo. As clases reanudaranse o luns 5 de novembro no seu horario habitual.

BOP: axudas para sufragar actividades culturais, deportivas e educativas ano 2018. Concello de Cariño

Aos efectos de xeral coñecemento faise público o acordo da Xunta de Goberno local de data 11/10/2018 pola que se aproban as bases e se procede á convocatoria de axudas para sufragar as actividades culturais,deportivas e educativas no ano 2018, e cuxo teor literal se reproduce a continuación:

As presentes bases rexerán a convocatoria de concesión de axudas para sufragar as actividades culturais, deportivas e educativas dos/as alumnos/as empadroados/as e escolarizados/as en Cariño  nos seguintes cursos:

-Infantil(3,4 e 5 anos).

-Educación Primaria.

-Educación Secundaria Obrigatoria.

-Bacharelato.

OBXECTO DA CONVOCATORIA.

A presente convocatoria ten por obxecto a concesión de axudas para garantir o acceso ás actividades culturais, deportivas e educativas (clases de apoio aos estudos, apoio a necesidades educativas,...) que se realicen no Concello de Cariño durante o ano 2018, destinadas ós/ás alumnos/as empadroados/as e escolarizados/as nesta localidade nalgún dos cursos desta convocatoria, pertencentes ás familias con menor poder adquisitivo do municipio, non sendo compatibles con calquera outra axuda que perciban polo mesmo concepto.

O fin último destas axudas é favorecer a integración sociocultural e garantir as necesidades básicas destas unidades familiares no eido da cultura, educación e deporte.

O prazo de presentación remata o martes 6 de novembro de 2018.

 

2º BAC 1ª AVALIACIÓN

26/11/2018 17:45
26/11/2018 18:45

O luns 26 de novembro terá lugar a primeira avaliación do alumnado de 2º de BAC

LISTAXE DEFINITIVA DOS LIBROS DE TEXTO 2020/2021

Nos seguintes enlaces aparecen a relación dos libros de texto de Bacharelato para o vindeiro curso académico. Os libros que non figuren nas diferentes listas non haberá que compralos.

No caso dos libros de 3º da ESO non será necesario comprar ningún libro, xa que o centro dispón de libros suficientes para repartir a todo alumnado.

No caso dos libros de 4º da ESO non será necesario comprar ningún libro, xa que o centro dispón de libros suficientes para repartir a todo alumnado.

Recordar tamén que o IES é centro Edixgal, polo que tanto en 1º da ESO como en 2º da ESO, os libros serán dixitais e non se necesitará comprar ningún. Calquera libro que o profesorado destes cursos utilice como apoio será facilitado polo centro.

O alumnado de 1º ESO terá que comprar o libro de actividades de Educación Plástica, xa que nel ser farán os distintos exercicios do curso. No seguinte enlace figura o ISBN de dito libro:

LETRAS GALEGAS 2018

O Día das Letras Galegas de 2018 está dedicado á escritora e profesora María Victoria Moreno Márquez (Valencia de Alcántara, Cáceres, 1939 – Pontevedra, 2005). Licenciada en Filoloxía Románica en Madrid, chegou a Galicia en 1963, con só 22 anos, como profesora e axiña asumiu a cidadanía en galego, idioma no que enriqueceu as nosas Letras tanto na narrativa -nomeadamente a infantil e xuvenil- como nos estudos literarios, no ensaio, na poesía e na didáctica da lingua e da literatura galegas.

ARLEN: O NOVO COMIC DE MARIO FRAGA

02/11/2017 12:05
02/11/2017 12:20
Xa está aquí o novo cómic de Mario Fraga, alumno de 1º de BAC, da editorial pasionporloslibros, xa está na biblioteca do nos IES.

 

VENRES 13 DE OUTUBRO DÍA NON LECTIVO

O vindeiro venres 13 de outubro non haberá clases por tratarse dun dos días non lectivos do calendario  escolar 2017-2018 aprobados polo Consello Escolar.

As clases reanudaranse o luns 16 no seu horario habitual.

LIBROS DE TEXTO 2017-2018

Nos seguintes enlaces figuran a relación dos libros de texto da ESO e Bacharelato para o vindeiro curso académico. Deberase pasar antes pola administración do centro para que todos aqueles que presentaron a solicitude do fondo solidario na Educación Secundaria Obrigatoria poidan coñecer exactamente os libros que hai que comprar:

Recordar tamén que o IES foi seleccionado como centro Edixgal en 1º da ESO, polo que os libros serán dixitais e non se necesitará comprar ningún.

MATRÍCULA EDUCACIÓN SECUNDARIA DE ADULTOS

Aberto o prazo para matricularse na Ensinanza Secundaria de Adultos: Módulo III (1º cuadrimestre) e Módulo IV (2º cuadrimestre).

Os interesados deberán pasar pola secretaría do centro a partir do venres 1 de setembro.

ANDAINA CABO ORTEGAL

O pasado venres 23 de xuño, celebramos a xa tradicional andaina de fin de curso, dirixíndonos este ano ao faro do Cabo Ortegal.

ACTO DE GRADUACIÓN DE 2º DE BACHARELATO

O pasado xoves 15 de xuño celebrouse o acto de graduación do alumnado de 2º de Bacharelato. Tivo lugar no auditorio de Cariño ás 19:30 horas e a el asistiu profesorado, persoal do centro, alumnado e familias.

O acto iniciouse co discurso da dirección do centro, pasando a continuación ao visionado de vídeos recordatorios, discurso do alumnado, actuacións e entrega de bandas e diplomas.

Dende o IES Cabo Ortegal queremos recoñecer e destacar a súa labor académica e transmitirlles os nosos mellores desexos para a nova estapa que comezan.

 

PREMIOS OLIMPÍADA DE QUÍMICA

O pasado venres 28 de abril, os mellores alumnos da XXXIV Olimpíada Galega de Química recibiron os seus premios en Santiago, entre eles o alumno do IES Cabo Ortegal Carlos Pernas Fraguela.

Premios

Noraboa, e moita sorte na fase nacional que se celebra o sábado 6 de maio en Madrid!

OLIMPÍADA DE QUÍMICA

Parabéns ao alumno de 2º de Bacharelato do noso centro, Carlos Pernas Fraguela, que vén de quedar en terceira posición na Olimpíada de Química dentro da provincia da Coruña, e décimo primeiro de toda Galicia, conseguindo así clasificarse para a fase nacional que se celebrará en Madrid o día 6 de maio.

CALENDARIO ABAU DEFINITIVO

No seguinte enlace pódese consultar o calendario definitivo da Avaliación de Bacharelato para o Acceso á Universidade deste curso 2016/2017: CALENDARIO.

Para máis información a cerca da proba recoméndase consultar a páxina da CiUG.

CHARLA REDEIRAS

O pasado 10 de febreiro, o alumnado de 1º da ESO asistiu a unhas charlas nas que as redeiras de Cariño explicaron aos rapaces o seu traballlo.

Redeiras 1    Redeiras2

FELICES FESTAS!

Os nosos mellores desexos para estas festas e o ano novo que comeza!

Bo Nadal

 

HORARIO E ACTIVIDADES 21 DECEMBRO

O mércores 21 de decembro rematarán as clases polo comezo das vacación de Nadal, reanudándose de novo o luns 9 de xaneiro no seu horario habitual.

Este último día previo ás vacacións (21 de decembro), haberá un horario especial, de 10 a 14 horas, no que se desenvolverán as diferentes actividades:

  • 10:00 horas: Chegada dos autobuses e subida do alumnado ás aulas.
  • 10:30 – 13:30 horas: Festival de Nadal na casa da cultura do Concello.
  • 13:45 – 14:00 horas: Entrega das notas do primeiro trimestre nas aulas correspondentes a cada grupo.
  • 14:00 horas: Fin da xornada escolar e saída dos autobuses.

 

MELLORES EXPEDIENTES DO CURSO 2015-2016

24/10/2016 12:15

O pasado 24 de outubro entregamos os diplomas a os mellores expedientes do curso 2015-16 do noso centro:

1º da ESO: Laura Trinquete Rubido
2º da ESO: Alicia Dorado Santiago
3º da ESO: Mario Fraga Fernandez
4º da ESO: Carla Salgueiro Bereijo
1º de BAC: Carlos Pernas Fraguela

 

NORABOA AOS CINCO PREMIADOS/AS!!!!!

ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR (VOTACIÓNS)

Tal e como figura no calendario electoral referente á renovación parcial dos membros do Consello Escolar 2016 do IES Cabo Ortegal, os horarios das votacións dos diferentes sectores realizaranse o luns 28 de novembro no seguinte horario:

  • ALUMNADO: Ao longo da mañá a partir das 9:20 horas.
  • PROFESORADO: Ás 14:00 horas.
  • PERSOAL DE ADMINISTRACIÓN E SERVIZOS: Ás 14:30 horas.
  • NAIS E PAIS:  Entre as 19:00 e as 20:25 horas.

PAU 2016

O IES  CABO ORTEGAL ESTÁ DE NORABOA!

O pasado venres 17 de xuño saíron publicadas as notas da proba de acceso á  universidade e todo o alumnado presentado obtivo a calificación de apto. Moitísimas felicidades a todas e todos!!!

GRADUACIÓN DO ALUMNADO DE 2º DE BACHARELATO

O pasado xoves, 16 de xuño, celebrouse o acto de graduación do alumnado de 2º de Bacharelato do IES Cabo Ortegal. Tivo lugar no auditorio de Cariño ás 19:30 horas e asistiu profesorado, persoal do centro, alumnado e familias.

O acto estivo composto por: discurso do Director, vídeos recordatorios do alumnado e de dirección, discurso do alumnado, entrega de bandas e diplomas, discurso da titora e actuacións musicais.

gRADUACIÓN

Dende o IES Cabo Ortegal, os nosos mellores desexos para a nova estapa que comezan.

Distribuir contido


by Dr. Radut