Skip to Content

Informática

OFERTA MODULAR ADULTOS "SISTEMAS MICROINFORMÁTICOS E REDES" (#FPGalicia)

Publicada ORDE do 7 de xuño de 2022 pola que se actualiza a ofertade formación profesional do sistema educativo, polo réxime ordinario, en centros  públicos da Comunidade Autónoma de Galicia.

No IES Cabo Ortegal impártese o ciclo medio modular presencial de adultos "Sistemas Microinformáticos e redes", podéndose consultar os prazos de admisión na seguinte ligazón: ADMISIÓN CICLO 2023-2024.

Pódese tamén consultar toda a información relevante en:

https://www.edu.xunta.es/fp/

4º ESO, 1º BAC e CICLO CHARLA EN NARÓN

09/03/2023 10:30
09/03/2023 16:00

O alumnado de 4º ESO, 1º BAC e CICLO asiste a unha charla sobre "A nosa pegada dixital en Internet: canto saben de nós e para que o usan" no Pazo da Cultura de Narón o xoves 9-3-23 de 8:30 a 16:00 horas. Despois da charla, faise un tramo da Ruta dos Muiños de Xuvia.

A relatora é  Susana Ladra, enxeñeira e doutora en Informática pola UDC, graduada en Matemáticas (UNED), Directora do Campus Innova da UDC, profesora Titular, investigadora do CITIC e Vicepresidenta do Colexio Profesional de Enxeñería Informática de Galicia. Obtivo premios como MSCA 2018 Award ou Premio Ada Byron Nova pola Universidade de Deusto.

A actividade está organizada polos departamentos de Informática, Matemáticas e Tecnoloxía do IES Cabo Ortegal.

     

     

2º E 3º ESO OBRADOIRO: XESTIÓN SEGURA DAS REDES SOCIAIS

07/03/2023 11:30
07/03/2023 13:10

O alumnado de 2º e 3º ESO participa nun obradoiro eminentemente práctico sobre Iniciación segura á pegada dixital e ás redes sociais o martes 7-3-23 de 11:30 a 13:10 horas.

É un programa que convoca a Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa e abordará a xestión segura das redes sociais que máis están a utilizar os e as menores.

A actividade está organizada polo departamento de Informática.

CICLO CHARLA ORTEGAL UP

23/11/2022 16:30
23/11/2022 18:30

O alumnado do Ciclo ten unha charla sobre Motivación Emprendedora o mércores 23-11-22 de 16:30 a 18:30 horas.

 

A actividade está organizada polo IES Cabo Ortegal en colaboración coa Asociación Ortegal UP de Cariño.

1º BAC e CICLO VISITA AO CESGA

12/05/2022 08:30
12/05/2022 19:00

O alumnado de 1º de BAC e Ciclo realiza unha saída didáctica a Santiago de Compostela na que visitan o Centro de Supercomputación de Galicia o xoves 12-05-2022  08:30 a 19:00 horas.

2ºBAC e CICLO VISITA O CIS GALICIA

27/02/2019 10:10
27/02/2019 19:00

O alumnado de 2º de BAC, que cursan TIC II, e de CICLO realizarán unha visita ao Centro de Innovación e Servizos de Galicia o mércores 27-2-19 de 10:10 a 19:00 horas

VISITA AO PROGRESO E Á MURALLA DE LUGO

25/04/2018 09:20
25/04/2018 18:00

O alumnado de Ciclo, de 1º e 2º de BAC e de 4º da ESO que cursan TIC realiza unha saída didáctica a Lugo na que visitan o periódico O Progreso e a Muralla romana o mércores 25 de abril de 09:20 a 18:00 horas.

É, como ven sendo habitual, tamén saímos na prensa, neste caso en El Progreso

Distribuir contido


by Dr. Radut