Skip to Content

Entroido no IES Cabo Ortegal

08/02/2013 10:00
08/02/2013 13:00

  • 10:00 – 10:10- Chegada dos autobuses e subida do alumnado ás aula, onde os titores controlarán a asistencia.
  • 10:10 – 10:30- Tempo para disfrazarse. Poderán utilizar as aulas e os aseos da planta baixa.
  • 10:30- Os titores baixarán ao alumnado ao Ximnasio, a medida que vaian sendo avisados. O resto do profesorado colaborará na entrada e distribución do alumnado no Ximnasio, asistindo na súa totalidade ao festival.
  • 10:30 – 12:00-  Festival de Entroido. Actuacións e desfile de disfraces  e comparsas para concurso. Entrega de premios.
  • 12:00- 12:45 – Os alumnos irán saíndo por orde, comezando polos máis pequenos, e acompañados do seu titor/a, á Cafetería do Centro, onde serán convidados a un chocolate con churros. Esta invitación esténdese a todo o profesorado e persoal do cento.
  • 12:45- 13:00- O alumnado poderá subir ás aulas a recoller as súas cousas.
  • 13:00- Saída dos autobuses e fin da xornada.


evento | by Dr. Radut