Skip to Content

ENQUISA SOBRE CONVIVENCIA ESCOLAR 2019

De acordo co establecido no Decreto 8/2015, do 8 de xaneiro, polo que se desenvolve a Lei 4/2011, do 30 de xuño, de convivencia e participación da comunidade educativa en materia de convivencia escolar, constituíuse o Consello para a Convivencia Escolar da Comunidade Autónoma de Galicia e aprobouse a Estratexia Galega de Convivencia Escolar 2015-2020: educonvives.gal.

No marco desta Estratexia, o Eixe 1 está dedicado á diagnose e seguimento da convivencia escolar, realizouse en 2015 unha diagnose inicial que permitiu identificar os puntos fortes e febles na xestión da convivencia e na resolución de conflitos nos centros educativos, para a elaboración do plan de convivencia. Transcorrido un período significativo, e ao obxecto de facer un seguimento e avaliación continua faise necesario repetir o proceso referido.

A recollida de datos farase mediante unha ferramenta informática en liña, de xeito automatizado e totalmente anónimo. Cubrir o cuestionario estímase que leva uns 10 minutos.

Ao longo desta semana facilitarase  o código de acceso á recollida de datos sobre convivencia escolar. A data límite para cubrir a enquisa será o 24 de marzo.

Nas seguintes ligazóns pódese acceder aos diferentes formularios para a recollida de datos de cada sector:

Agradecémoslle a súa colaboración e participación nesta recollida de datos.

 



page | by Dr. Radut