Música

Bienvenidos

  
 

 

Actividades do Dpto. 2007/2008

Viaxe a Praga.

Un grupo de alumnos de 1º de BAC viaxou a Praga recentemente. Xa podedes ver as fotos correspondentes. E aquí tendes o relato do viaxe, por Olga.

Despegamos da Coruña co grito de Lara  resoando nos nosos oídos, é normal, é a primeira vez que voan a maioría dos rapaces. Chegamos a Praga un día 5 de Febreiro e o primeiro que facemos é botar unha visual xeral da cidade: a ponte de Carlos á que queríamos ir tódolos días e o Reloxo  Astronómico que nos gusta tanto ver, a Torre da Pólvora (qué café Carlos!!!!!!!!) non vai tanto frío como agardabamos, o primeiro día xa nos gustan os edificios que imos vendo, o Moldava, os faroliños. Mañá subiremos á torre do reloxo, mañá.........., estamos esgotados e marchamos para o hotel, a mesma pregunta  que se repetirá tódolos días: Quén ten coroas en moedas??.
6 de Febreiro:
Tardamos en chegar ao centro, o conto de sempre, o condutor do bus non nos da “ twenty one tickets”, a señora do metro tampouco e  despois de moitas vicisitudes por fin chegamos á Torre do Reloxo e subimos no seu  ascensor de cristal,qué vistas¡¡¡¡¡¡, a igrexa de Tyn, bonita, a ponte de Carlos outra vez, qué bonito pasear por ela e escoitar o son do río Moldava, vemos por primeira vez o Rudolfinum : Qué edificio tan bonito¡¡¡¡.Visitamos o Barrio Xudeu, as Sinagogas, na  Sinagoga Maisel faise un silencio sepulcral entre nós, alí están os debuxos dos nenos do campo de concentración de Terezin e os nomes de 80000 xudeus checos  que morreron alí, a verdade,  impresiona. Logo o Cemiterio Xudeu , as tumbas están colocadas unhas enriba doutras cunha desorde da que parece que vai saír Drácula dun momento a outro, impresionante¡¡¡ A sinagoga máis antiga de Europa , onde os nenos teñen que poñer o típico gorro xudeu e a Sinagoga española que é máis recente pero  moi bonita. Comemos nunha cervexería preciosa e probamos todo tipo de comida checa, eu aínda me acordo do puré que ten Daniel no seu prato, a comida é rara pero está boa, concluímos, excepto o puré claro. Pola tarde paseo , o Teatro do Estado, as pontes, o tranvía que collemos sen que, como non¡¡¡ o condutor  non nos queira cobrar, a pequena Venecia coas súas canles e casas pintorescas que recordan a esta cidade. Cruzamos a ponte e vemos a Igrexa de San Nicolás, alí Mozart tivo un funeral ao que asistiron 4000 persoas, Mozart amaba Praga e Praga a el.Vemos por segunda vez o Rudolfinum, e de novo nos  impresiona.
7 de Febreiro: Subimos ao tranvía equivocado pero cando nos damos conta baixamos enfronte dunha pastelería, estampida xeral, todos a comprar pasteliños. Visitamos o Castelo, facemos fotos co garda (que é o checo que curiosamente non se pode rir e sen embargo con nós o fai) a Catedral de San Wenceslao, o “calexón de ouro” onde Francisco Mouzo salva a Graciela dun ladróns, a torre Daliborska, unha prisión onde o Cabaleiro Dalibor tocaba o violín e do que despois Smetana faría unha ópera, o museo dos xoguetes,as barbies de Raquel Lamas. Pola tarde visitamos as rúas de Praga, facemos compras, o reloxo outra vez, as marionetas de Don Giovanni non eran o que agardabamos e estamos moi cansos, é algo distinto, pensamos, imos cear ao sitio máis típico de Praga, trátannos mal e marchamos a comer unha salchicha  na rúa, qué ben o estamos pasando, os rapaces de Pontedeume encantadores, nacen novas amizades. Volta no metro, quén tén coroas en moedas?
8 de Febreiro: Collemos o bus, esta vez o condutor nin me mira á cara cando lle pido por quinta vez twenty one tickets, alí imos outra vez co medo a que nos pille un revisor, non podemos facer nada ante isto pensamos. Chegamos á ponte de Carlos , subimos á torre do mesmo nome, a muller fainos rebaixa pero temos que sacar un por un tódolos carnets de estudante. Museo de Smetana , ao lado do río Moldava, é pequeno pero bonito, aínda que o trato que nos dan alí deixa moito que desexar, insúltannos , estes checos!!!!  Qué terán contra  nós? O museo de Kafka , coas súas esculturas que nos fan rir e a súa K xigante onde Daniel se colga para unha foto , que bonito museo cheo de imaxes e de sons por todas partes!!!!!!!!!!
Barrio de Mala Strana cos seus edificios  e embaixadas. Pola tarde o concerto, arreglámonos, todos guapísimos pero a medida que nos acercamos a este impoñente edificio a alma  cáenos aos pés, abrigos de visón!!, vestidos de gala!!, os homes con paxariña!!!, no vestíbulo champán¡¡¡ Isto é unha pasada, dicimos. O sitio onde estamos é inmellorable e aínda que ao principio levo un disgusto por culpa dunha checa, despóis disfrutamos do concerto, O CONCERTO!!!!!!! Os pelos  póñense de punta ao recordalo, nunca pero nunca escoitaramos un son como o que sae daqueles violíns, da frautista, dos chelos, primeiro Brahms, precioso, logo Dvorak , é incríble estar alí, o director é un xaponés cunha expresividade e sentimento incríbles, parece un soño e todo o teatro ponse en pé cando rematan, saímos de alí pensando na sorte que tivemos e sabendo que quizáis non repitamos esta experiencia nunca ,estamos eufóricos e falamos e falamos sen parar, hai que gastar o que restou do fo ndo e  dános para comer  unha salchicha nun posto, salchichas para todos e bebidas para compartir!!!!!!!!!! Ninguén protesta. Subimos ao bus, Carlos comenta: Por qué non cantamos? E así comezamos un concerto improvisado, dende "Mi carro" ata "Ondiñas veñen" pasando pola "Rianxeira" e rematando co "Himno galego" e por primeira vez, por primeira!!!!! o condutor do autobús déixanos enfronte do hotel, quedanos a dúbida se por non aguantarnos ou por agradecemento aos nosos cantos.
Día 9 de Febreiro: Ninguén é capaz de levantarse, só seis valentes nos diriximos á casa de Mozart en Praga, temos pouco tempo pero o museo é pequeno, chámanos a atención un mechón que se conserva do compositor, instrumentos da época, etc..Non temos tempo e marchamos correndo para o hotel, ímonos ao avión e despois dunha aterraxe forzosa en Munich chegamos a Madrid e de alí á nosa terra outra vez.
ADEUS PRAGA!!!!!!!!!!!!!  Foi unha viaxe inesquecible para todos e quero recordar dende aquí   aos excelentes rapaces do Ies Terra de Trasancos, sen eles a viaxe non sería o mesmo, e por suposto á súa profe Graciela e a Carlos cos seus cafés, e a tódolos rapaces deste centro polo seu bo comportamento a pesar do caracter dos checos e incluso aos checos que sen eles tampouco nos ririamos tanto. Agardamos repetir esta experiencia moi pronto.

 

  

 

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer