ÉXITO DOS EQUIPOS DO IES BECERREÁ NA FASE DE CLASIFICACIÓN DO PARLAMENTO XOVE 2021

Os equipos que representan ao IES Becerreá na presente edición do Parlamento Xove (http://xuventude.xunta.es/parlamento-xove) acadaron a clasificación para a fase final do torneo, quedando en segundo (equipo de 2º de Bac) e terceiro lugar (equpo de 1º),  como se pode observar na imaxe que reflicte os postos e puntuacións acadados polos 20 equipos participantes, procedentes das catro provincias galegas. Estes resultados son consecuencia da dedicación que os coordinadores/as e alumnado participante desenvolven desde fai meses durante as fins de semana e períodos de vacacións. AQUÍ tes a imaxes máis salientables dos debates celebrados no centro por videoconferencia.  A fase final desenvolverase entre os 8 mellores equipos. Nela, o noso alumnado é o único que representa a un centro educativo da provincia de Lugo, e xunto co Colexio La Salle, o único centro que acada a clasificación dos 2 equipos para a fase final. Esta terá lugar a finais do mes de abril ou no mes de maio, e esperemos que poida realizarse con debates presencias na sede do Parlamento de Galicia, como sempre foi (aínda que non se poida contar coa presenza de público).

ÉXITO DOS EQUIPOS DO IES BECERREÁ NA FASE DE CLASIFICACIÓN DO PARLAMENTO XOVE 2021