Deporte na escola

Aquí están os alumnos e alumnas de 1º ciclo da ESO que este ano formaron os equipos para participar na campaña "Deporte na escola" (competicións deportivas en baloncesto, balonmán, fútbol sala, xadrez, bádminton e voleibol, ademais dunha proba cultural). A primeira visita foi ao CPI O Incio (onde acudiron os alumnos/as de 1º curso, que na foto aparecen xuntos cos alumnos/as de O Incio), e a segunda ao CPI de Cospeito (para os alumnos/as de 2º curso).

A experiencia resultou moi positiva en ámbolos dous casos, sobre todo polo boa convivencia cos compañeiros destes centros. Mesmo n´O Incio, como en anos anterirores, fomos invitados a comer no comedor escolar, para redondear unha xornada moi divertida e entrañable.